venres, 24 de abril de 2020

HOVERCRAFT

O noso compañeiro Bruno fixo un vídeo, coa axuda do seu irmán, realizando unha manualidade. UN HOVERCRAFT!!
Estade atentos ao vídeo e despois fareivos unhas preguntiñas.



Sabedes o que é un HOVERCRAFT? Buscade como se di en galego.
Que características teñen estes aparellos? Para que se utilizan?

Podedes facer un pequeno texto en galego acompañado dun debuxo explicando o que é e as súas características. E por suposto, se tedes os materiais podedes facer a manualidade!!


A continuación tedes os traballos que xa fixeron algúns compañeiros.Ollade!








LOIS

DIEGO

JESÚS

AINHOA F




xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Hoxe, día 23 de abril, é o Día Internacional do Libro. 
Por que se escollería esta data para a súa celebración? Que terá de especial o 23 de abril?
** Investigade como fixestes ontes e poñede as vosas pescudas nos comentarios.


Agora imos escoitar á mestra Ermi, quere darvos unha mensaxe ;)




Unha reflexión moi acertada profe! 
E vós? Aprendedes algo nas vosa viaxes polo mundo da lectura? 
**Podedes poñer as vosas reflexións nos comentarios.

mércores, 22 de abril de 2020

MEDÍMONOS!!!

Despois do reto matemático do papel hixiénico a mestra Inés preparou un vídeo xenial para explicar as medidas de LONXITUDE. Gozade véndoo, seguro que vos aclara algúns conceptos clave.





  • Agora facede a actividade proposta no vídeo na vosa casa e poñédeo por escrito nun folio ou caderno. Podedes medir a todas as persoas que viven con vós e saber que diferencia de altura hai entre todos.

  • Eu (Laura) mido 167 cm, é dicir, 1,67 m. Que diferencia de altura teño con vós?



  • Xa sabedes que 1 m son 100 centímetros (cm), pero saberíades dicirme cantos decímetros (dm) e milímetros (mm) ten un metro? Poñédeo nos comentarios.

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA

Non fai moito elaborastes uns textos explicando o respiro que lle estamos dando á Terra durante este confinamento e como se sinte.
Pois hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Internacional da Nai Terra.
Pero sabedes quen instaurou esta data para a súa celebración e por que? E desde cando se celebra?
++Investigade e poñede as vosas pescudas nos comentarios.  

Agora ollade o vídeo que hai no blog da BIBLIOGALDO! Nel móstrase unha carta que o planeta Terra escribe para nós explicándonos o momento especial que estamos a vivir.E despois do vídeo tedes unha proposta de traballo.
OLLADE! OLLADE! É UN VÍDEO MARABILLOSO!!ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO BLOGUE 


Para facer a carta podedes entrar no blog da mestra Ermi onde se vos explica moi ben como facer. Clica e verás!






luns, 20 de abril de 2020

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS


Xa o aprendimos no primeiro trimestre, así que vamos a recordalo!!

Os SINÓNIMOS son palabras diferentes que teñen o mesmo significado. Úsanse para non repetir a mesma palabra varias veces. Por exemplo: colexio-escola, encerro-confinamento.


Os ANTÓNIMOS son palabras diferentes que significan o contrario. Ás veces fórmanse cos prefixos des-, i-, in-, im- e anti-. Por exemplo: lento-rápido, liberdade-cautividade, legal-ilegal.

A continuación tedes uns xogos online para repasar estes conceptos.

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/ANAYA%20DIGITAL/CUARTO/Lengua/vocabulario_p34_nn/
Sinónimos I
https://www.mundoprimaria.com/quedate-casa/stpv-le-3-03?rnd=0.5804050335478884
Sinónimos II
https://www.mundoprimaria.com/quedate-casa/stpv-le-3-04?rnd=0.9332802515176973
Antónimos I
https://www.mundoprimaria.com/quedate-casa/stpv-le-6-05
Antónimos II
Agora que xa repasastes, escribide nos comentarios un exemplo de cada  un.

ESCOITA UN CONTO


Outra proposta de Bibliogaldo!!

Vamos escoitar un conto! A mestra Inés coa axuda do seu fillo Antón realizaron este vídeo sobre o conto titulado “Cinco minutiños máis”.







**Por certo, podedes ver este vídeo e outros moitos que se fan no colexio na nosa canle de Youtube. Podedes acceder a ela no enlace que tedes na columna da dereita.

E agora que xa escoitaches o conto, propoñemos as seguintes cuestións. Para contestalas podedes realizar un vídeo, un audio ou elaborar un texto.

·        Que foi o que máis che gustou?
·        Cantas actividades distintas saen facendo os raposos?
·        Cales son as palabras que aparecen escritas?
·        Ti tamén lles pides ao teu pai ou á túa nai “cinco minutiños máis”?
·        Cal é a actividade que máis che gusta facer cun maior da túa familia?
·        Elixe 5  das palabras que aparecen escritas no vídeo e fai unha oración con cada unha delas.



Podedes enviar o voso traballo (vídeo, audio ou texto) ao meu correo electrónico ou ao enderezo da biblioteca: bibliogaldo16@gmail.com


venres, 17 de abril de 2020

#RETOPORTADA DE LIBROS

Xa levamos moitos días na casa e comezan a xurdir moitas iniciativas en Internet.
Dende Bibliogaldo, o blogue da biblioteca do colexio (podedes acceder ao mesmo na columna da dereita, no apartado blogues de interese), propóñennos o seguinte reto:

RECREAR AS PORTADAS DOS LIBROS QUE MÁIS NOS GUSTEN E SACAR UNHA FOTO.

Vós teredes que ser os protagonistas (animal ou persoa) deses contos buscando a vestimenta máis parecida posible.

Despois, debedes de enviar a foto da portada do libro e a vosa imitación ao correo electrónico e iremos engadindo as vosas fotos no seguinte libro dixital. 

Botade unha ollada!! Algunhas mestras e algúns nen@s do cole xa fixeron as súas portadas. 

  


Publish at Calameo






Algúns compañeir@s xa enviaron as súas portadas. Aquí as tedes!!













 










O NOSO HORARIO


Levando tantos días na casa é importante ter unha organización. Igual que cando vamos ao cole temos un horario, na casa tamén é necesario. Pero supoño que isto non é nada novo para vós, pois xa levamos un mes na casa e o voso horario seguro que xa o tedes moi claro.
 
Gustaríame que elaborasedes o voso horario e xunto a cada cousa que facedes (levantarse, almorzar,  tarefas do cole, xantar...) escribades a hora en formato dixital (17:30, 13:00...)


*Un día ten 24 horas. En cambio, os reloxos analóxicos só marcan 12 números. É por iso que ao pasar das 12 horas (mediodía), nos reloxos dixitais seguimos contando as horas cara adiante: 13, 14, 15...  

Non esquezades tampouco que antes dos dous puntos escribimos a hora (:) e despois os minutos. 








Clica na seguinte imaxe e teredes uns xogos para practicar as horas nos reloxos analóxicos e dixitais.
XOGOS HORAS





AMANDA


LOIS

DANIELA



BRUNO

DIEGO ÁLVAREZ


JESÚS



AINHOA F.


AINHOA L.


LUIS

DIEGO ALEMPARTE


xoves, 16 de abril de 2020

PARABÉNS DIEGO!!

Pois sí, hoxe está de aniversario o noso compañeiro Diego Álvarez. Disfruta do día coa familia e sopla as nove velas da tarta.
No cole festexámolo á volta!


Dende a distancia cantamos esta canción!! Dalle ao play e a bailaaaarrr!!



PARABÉNS DIEGO!!




**Podedes deixar as vosas felicitacións nos comentarios.


mércores, 15 de abril de 2020

ACIDIFICAMOS? Experimenta!!

RECORDAMOS!!
A ACIDIFICACIÓN DOS OCÉANOS é un dos maiores problemas que ameaza a supervivencia dos corais.


Gran parte do dióxido de carbono (CO2) emitido na atmosfera é xerado polas actividades humanas. Este gas é eliminado en parte polas plantas, mediante o proceso de fotosíntese, e gran parte polos océanos que o absorben para mitigar o exceso de calor e evitar así unha brusca elevación da temperatura do planeta.
Pero esta absorción ten consecuencias non desexadas, porque diminúe o PH da auga do mar, convertendo as augas en máis ácidas. E canta máis cantidade de CO2 haxa na atmosfera, máis cantidade absorberán as augas do mar.

Esta acidificación dos océanos afecta ao crecemento e reprodución de organismos mariños como os corais, porque a acidez diminúe o carbonato cálcico da auga, que é indispensable para a formación dos esqueletos e cunchas.
A continuación podedes ver un vídeo envíado pola mestra Inés. Realiza un experimenteo para comprobar como afecta a acidificación da auga do mar nos organismos mariños. Por que non probades a facer vós o experimento na casa?Podedes gravar ou fotografar a vosa experiencia!


                                                  

Blogue GALDONATURA (podedes acceder desde o enlace que hai na columna da dereita, no apartado blogues de interese) .



Despois de realizar o experimento e/ou ver o vídeo gustaríame que reflexionárades sobre o que podemos facer nós para mellorar esta situación. Que actividades humanas producen máis CO2? Que accións podemos levar a cabo no noso día a día para evitar tanta contaminación?
Podedes deixar as vosas reflexións nos comentarios!Ou elaborade un pequeno texto con todas as ideas que se vos pasen pola cabeciña!




Bruno xa elaborou un vídeo sobre o experimento que fixo. Como non tiña unha cuncha usou un ovo!!





Lucas preparou un vídeo estupendo coa axuda da súa familia. 



Cecilia tamén fixo un vídeo realizando o experimento.




Outros compañeiros tamén fixeron o experimento e enviaron as fotografías que fixeron para capturar o momento.

LOIS




AINHOA L.


MULTIPLICANDO



Se desexas as táboas repasar,
esta misión deberás superar 
e o código deberás acadar.






CLICA NA IMAXE E COMPLETA O XOGO! Para saber que conseguistes superar a misión tedes que enviarme ao meu correo electrónico o código que vos sae ao final!!


martes, 14 de abril de 2020

O QUE EU DARÍA POR...


Que é o que máis vos apetece facer ao rematar esta cuarentena?

En moitas ocasións, sucede que, cando sabemos que non podemos facer algo, máis nos apetece. Eso é xusto o que me pasa a min con algunhas cousas estes días...

O que eu daría por...

Quero saber que pasa polas vosas cabeciñas. Escribide un pequeno texto en galego no que me contedes a mín e aos vosos compañeiros e compañeiras as cousas que máis ansiades poder facer cando todo isto remate e porqué. 

Eu xa levo días tendo algunha moi clara. Voume poñer eu tamén a escribila, en papel ;) 

Podedes poñer o voso texto nos comentarios ou mandar a foto do voso texto en papel ao meu corrro electrónico!!  
                                                Animádevos!

Lucas xa me enviou a foto da súa moto que a bota moito de menos. Podedes vela xunto con todos os traballos na pestana LIBROS DIXITAIS.





luns, 13 de abril de 2020

ESTAMOS DE VOLTA!!

Ola nenas e nenos!! Despois duns días de vacacións xa estamos de volta con moitas ganas de aprender.  

Este confinamento estase facendo moi longo, pero RESISTIREMOOOOOOS!! 



A Amanda encantoulle o vídeo feito polos profes e persoal do cole de Galdo e enviounos un vídeo tocando a súa gaita como agradecemento. Aquí o tedes!!



Cecilia enviounos un vídeo bailando coa súa irmá Sara a canción do Coronavirus. A ver si vos gusta!





Se queredes podedes envíar os vosos vídeos co que queirades para colgar no blog (algunha actividade que vos guste facer, lectura dun libro...) .

MOITO ÁNIMO!! RESISTIREMOS!!


Por certo, fixádevos que hai unha nova pestana, debaixo da cabeceira, titulada LIBROS DIXITAIS. Aquí irei poñendo os vosos traballos. Cada libro inclúe unha actividade. 

Tamén recibín un audio de Ainhoa F., falando do respiro que lle estamos dando ao planeta, e outro de Amanda, explicando a importancia da Vitamina D. Eses audios podédelos atopar nas entradas do blogue correspondentes.