Levando tantos días na casa é importante ter unha
organización. Igual que cando vamos ao cole temos un horario, na casa tamén é
necesario. Pero supoño que isto non é nada novo para vós, pois xa levamos un
mes na casa e o voso horario seguro que xa o tedes moi claro.
Gustaríame que elaborasedes o voso horario e
xunto a cada cousa que facedes (levantarse, almorzar, tarefas do cole,
xantar...) escribades a hora en formato dixital (17:30,
13:00...)
*Un día ten 24
horas. En cambio, os reloxos analóxicos só marcan 12 números. É por iso
que ao pasar das 12 horas (mediodía), nos
reloxos dixitais seguimos contando as horas cara adiante: 13, 14, 15...
Hola son Diego Álvarez ,o meu horario é
ResponderEliminar_ 10:00 levántome
_ 10:30 almorzo
_ 10:45 lavo os dentes
_ 11:00 fago os deberes que mandas tí ou os de inglés
_ 14:00 xantamos
_ 15:00 lavo os dentes
_ 15:15 leo un pouco
_desde as 16:00 ata 20:00 se non chove estou fora andando na bici,no patín,xogando con meu irmán e se chove estou dentro pintando,xogando,vendo a tele...
ver a tele ....
_ás 20:00 entro para ducharme,cear e meterme na cama.
Hola son Manu, o meu horario e levantome as 10:30 almorzo as 10:35 lavo os dentes as 10:40 faigo as cousas da casa asta 13:00 as 13:30 xantamos AS 14:30 baixo a o garaxe as 15:30 subo e faigo os deberes acabo os deberes e xogo ASTA 20:00 ceamos e AS 22:00 vamos pa cama
ResponderEliminarEstán ben os vosos horarios, pero se podedes escribídeos nun folio ou nun caderno e enviade a foto para poñela no blog
ResponderEliminar