POEMAS PRIMAVERAIS


A primeira poesía primaveral foi enviada por LAURA.


Primavera, primavera,
cando cantan as estrelas,
as árbores énchense de flores 
e os prados de cores.
Os paxaros tocalles casar
e moi contentos van estar.
Pola noite treboada
e pola mañanciña un soliño
que da gustiño.

Tamén LOIS deixou a súa poesía no blogue.

AS FLORES E OS PAXAROS
A primavera ten un son
dun paxaro chamado gorrión
que sempre mira cara o Sol
e se chama Xirasol.
Outro gorrión chamado Tulipán
sempre come pan
que lle poño na terraza
nas noites de verán.



AMANDA enviou o seu poema acompañado dunha foto.

Xa chegou a primavera

Xa saíron moitas flores
de mareas de colores
as árbores están cheas
de paxaros cantadores.

As bolboretas enchen o ceo,

as lagartixas saen de paseo,
o cuco canta por aquí,
a primavera chegou por fin.



Este é o poema que nos manda UXÍA.


POESÍA:
Doña Primavera
de manos gloriosas,
haz que por la vida
derramemos rosas.


Rosas de alegría,
rosas de perdón,
rosas de cariño,
y de exultación.



E Lucas, co gran poeta que é, tamén enviou a súa.

A primavera é alegría,
hai flores e mariposas,
moito me gustaría
poder coller unhas rosas.

Aí ven a primavera
chea de flores
a todos nos altera
e nos enche de cores.


Diego Álvarez tamén escribeu a súa poesía.
A primavera vai chegando!
os paxaros están cantando
ó son do sol que nos vai quentando.
Leiras e árbores
están cheas de flores,
flores de distintas cores.
O cuco sae do cubil
para cantar co seu tamboril
nas mañanciñas do mes abril.


Ainhoa F. envía esta poesía escrita polo gran escritor Antonio Machado.

LA PRIMAVERA

La primavera ha venido,
nadie sabe como ha sido.
Ha despertado la rama
y el almendro ha florecido
y en el campo se escuchaba
el gri gri del grillo .
la primavera ha venido
nadie sabe como ha sido.


Ainhoa L. enviou unha foto do seu poema.

Chegou a primavera

para iluminar os días
cos cantares dos paxaros
pola mañá cedo.

E flores nos prados
que bonita estación
que felices somos
cos días longos e alegres.

Daniela aparece nesta foto ensinando o seu poema.
A PRIMAVERA
Na primavera saen as flores
cantan os paxaros de cores.
Os nenos e nenas xogan no campo
disfrutan co sol
e as lagartixas, nas pedras,
poñen a barriga á calor.

 

Bruno inventou unha pequena poesía e enviou a foto.
Flores, floriñas,
sempre alegradiñas
vendo voar as andoriñas
e as avelaíñas
flores colorinas.

Jesús tamén enviou a súa poesía cunha foto.




Ningún comentario:

Publicar un comentario