mércores, 27 de maio de 2020

TERMOS DA DIVISIÓN



E seguimos aprendendo máis cousas da división. Neste novo vídeo aprendemos os termos: DIVIDENDO, DIVISOR, COCIENTE  E RESTO.
Despois de ver o vídeo, fai as anotacións necesarias nun folio ou caderno e envía os teus resultados ao meu correo electrónico.






NOVO EXPERIMENTOOOO!!!

Para os máis científicos... NOVO EXPERIMENTO EN BIBLIOGALDO!!
QUEN SE ANIMA??

CARREIRA DE GLOBOS!!


Se entrades en Bibliogaldo podedes aprender quen era ISAAC NEWTON  e que relación garda co experimento desta semana!! Se o averiguades poñede as vosas conclusións nos comentarios.
Preme na imaxe!!




luns, 25 de maio de 2020

PARTES DAS PLANTAS



SORPRESAA!! Vaia vídeo máis chulo verdade? Durante este curso moitos de vós baixastes ao invernadoiro a plantar e a aprender moitas cousas.
Xa sabemos que as plantas fabrican o seu propio alimento mediante o proceso da Fotosíntese. Pero vamos a seguir aprendendo máis cousiñas sobre elas.

Ollade estos vídeos e despois contestade ás preguntas que vos propoño.





Agora collede o voso caderno de Ciencias Naturais ou un folio e contestade ás seguintes preguntas. 

OLLO!!!! Tedes que facer os vosos traballos en lingua galega, aínda que os vídeos están en castelán.

· Realiza un debuxo dunha planta sinalando cada unha das súas partes.
·  Explica que función ten cada parte da planta.
· Debuxa unha folla e sinala as súas partes.
· Hai moitos tipos de follas. Como poden ser as follas segundo a forma e o bordo? Podedes debuxalas!
· Busca e escribe plantas que teñan o talo leñoso e outras que teñan o talo herbáceo.
· Na nosa dieta temos alimentos vexetais como as leitugas, as patacas, os espárragos ou as cenorias. Investiga que parte da planta son e se podes pon máis exemplos.

Enviade os vosos traballos ao correo electrónico para preparar un libro dixital con todos!!

xoves, 21 de maio de 2020

DIVIDIMOS?!!


NOVO VÍDEO DA MESTRA INÉS!!
E SEGUIMOS APRENDENDO A DIVIDIR!!
ANIMASTE A FACER O QUE NOS PROPÓN NO VÍDEO??
OLLADE!!




De todas as opcións… Cales son divisións exactas (non sobra nada)? E cales son divisións enteiras (sobra algún elemento)? Lembra que hai algunhas que non son divisións porque os repartos non son iguais!!
Podedes poñer os vosos resultados nos comentarios.


E AGORA ANIMÁDESVOS A DEBUXAR OU FOTOGRAFAR AS VOSAS DIVISIÓNS?
Agardo os vosos correos electrónicos e irei poñendo nesta entrada o que reciba!!


LUIS 

AMANDA





BRUNO









LOIS


MARTA


MANU




AINHOA F



mércores, 20 de maio de 2020

MÁIS XOGOS

En BIBLIOGALDO hai novos xogos!! Que sabemos que vos gustan moito!!

Xa sodes uns expertos sobre a vida e a obra do escritor das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho. No blogue da biblioteca tedes dous xogos máis, un de piratas, para seguir aprendendo. 

Premede na imaxe e a xogar!!





martes, 19 de maio de 2020

CREAMOS UN ARCO DA VELLA

Como? Aínda non te enteraches?
Hai novo experimento científico no recuncho Xogando coa ciencia de Bibliogaldo!!

Esta semana o experimento consiste en crear un arco da vella. E tamén hai outro no que temos que pescar un cubiño de xeo cun fío.

Clica na imaxe e mira os vídeos!!

A semana pasada os compañeiros Bruno e Jesús enviaron os seus vídeos facendo os experimentos. A ver si vos gustan!!



CON RITMO!!!

Aquí tedes unha actividade da mestra Carmen!! Encantoume!!
No seu blogue SUPER ESCOLA MÚSICA ten moitas actividades para tod@s. Lembrade que podedes acceder desde a columna da dereita.


Chegou o momento de poñer en práctica os vosos coñecementos rítmicos!
Para iso, buscade ou pintade catro folios (un vermello, un amarelo, un verde e un azul) e colocádeos nesa orde (de esquerda a dereita) enriba dunha mesa, e diante deles colocade o ordenador, o móbil ou a tablet na que vas ver o vídeo.
A continuación, deberás imitar os patróns rítmicos que se fan no mesmo no tempo que queda libre e seguindo o ritmo da melodía e o código de cores.


Mira este exemplo!

Podedes gravar un vídeo facéndoo e envialo por correo electrónico.

PARABÉNS DIEGO ALEMPARTE!!

Hoxe, 19 de maio, é o aniversario de Diego Alemparte. 
Diego, se andas por aí, moitos parabéns para ti!! A disfrutar do día!!

luns, 18 de maio de 2020

MÚSICA GALEGA

A música é un medio de expresión e comunicación que se empregou ao longo da historia para expresar sentimentos, emocións, estados de ánimo e ideas.

Todas as culturas, países e/ou rexións, dende as primeiras civilizacións ata as máis actuais, crearon e crean música cunhas características propias que a identifican e a diferencia das demais. Grazas á lingua, ao ritmo, á melodía e aos instrumentos empregados poderiamos distinguir unha canción africana dunha chinesa.

Agora é o momento de profundizar na nosa música, na música galega. Para iso, mira esta presentación!


Demostra que eres un experto en música galega con este xogo! Debes enviar o código por correo electrónico.









venres, 15 de maio de 2020

XOGO DE FUGA

Xa fixestes o xogo de fuga sobre as Letras Galegas 2020?? Está xenial! É moi entretido!! Aprendín moitas cousiñas sobre o escritor homenaxeado este ano Ricardo Carvalho Calero.

Nun  xogo de fuga  tedes que conseguir un código para poder resolvelo. Lembrades o xogo que fixemos o ano pasado no colexio? Entre todos tivemos que conseguir abrir un cofre. Nel había unha chave que abría a porta do ximnasio onde estaba atrapado Antón Fraguas (o profe Luís estaba disfrazado, hehe).
Pois este ano o xogo de fuga é virtual. A ver se o conseguides!!




Enviádeme o código ao meu correo electrónico. O código está relacionado cunha data na vida do escritor, saberíades dicir cal é? Contádemo tamén no correo.


xoves, 14 de maio de 2020

PARABÉNS JESÚS!!

14 DE MAIO
MOITOS PARABÉNS JESÚS!! Espero que disfrutaras do teu día. Casi non chegamos!!

PARABÉNS PARA TI, 
PARABÉNS PARA TI,
QUE SEXAS MOI FELIZ!!!





RECORDADE POÑER OS VOSOS PARABÉNS NOS COMENTARIOS.

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS


Escoitade atentamente este audio da mestra Ermi. Explica como tedes que facer a actividade COMO CHO CONTO!!

Non teñades présa por facela, a actividade é máis difícil do que parece, pensade ben as vosas palabras. Podedes preparar un pequeno texto para logo facer o audio.

ESCOITADE!!



mércores, 13 de maio de 2020

NOVO RETO DE EDUFISGALDO

A profe Rebe proponvos un reto para esta semana no seu blogue relacionado coas Letras Galegas. De que se tratará? Preme na imaxe para velo. 


"AS PITAS BAIXO A CHOIVA"
RICARDO CARVALHO CALERO


COMO CHO CONTO!!


COMO CHO CONTO!  será o título do noso programa.

Como xa vos dixen, estamos na Semana das Letras e imos converternos en reporteiros  por uns días. Os nenos e nenas de 3º faremos un programa para explicar certas cousiñas sobre a fala e a escrita galega.

Antes de comezar… botádelle unha ollada aos vídeos do programa NON DIGAS…DIGOCHO EU! da TVG. Explican a normativa galega de forma moi clariña  e concisa. Aquí tedes uns exemplos, pero podedes atopar moitos videos máis en youtube.




Gústavos? A que o explican moi ben!!
Pois nós imos facer un programa así explicando os erros máis habituais que cometemos cando falamos e cando escribimos en galego.

PASOS A SEGUIR!!
Ao final desta entrada tedes un listado de palabras que dicimos e escribimos de forma incorrecta. Escollede unha das opcións  e escribide a elixida nos comentarios para non coincidir cos compañeir@s. Así que antes de decidirte... fíxate en cales están pilladas!!


Cando teñades a palabra, hai que documentarse. Como se escribe en galego? Que diferenza hai co castelán? Hai diferenza entre a fala e a escrita? 

E cando teñades toda a información xa estades preparados para facer o último paso: gravar un audio coa vosa explicación utilizando a ferramenta VOCAROO (premede na imaxe para acceder). 

Enviade o voso audio ao meu enderezo electrónico e ao da mestra Ermi ermiclase@gmail.com. Ao final faremos un vídeo unificando as vosas mensaxes de audio coa palabra escrita.

CAL ELIXIDES?
§  Non digas abuelo, di avó.
§  Para saúdar, non escribas hola, sería ola!. En galego os signos de interrogación e admiración só se poñen ao final da oración.
§  Non digas noraboa, di parabéns.
§  Non digas cumpreanos, di aniversario.
§Non escribas voto de menos, sería boto de menosVotar  ten outro significado a botar.
§  Non digas bos días, en galego é bo día.
§  Non digas Navidad nin navideño, di Nadal.
§  Non digas “basoira”, di lixo. Vasoira escríbese con v e ten outro significado.
§  Non digas periódico, di xornal.
§  Non digas pranta, di planta.
§  Non digas nin escribas unhos, sería uns. Un, unha, uns, unhas.
§  Non digas primaveira, di primavera.
§  Non digas oscuro, di escuro.
§  Non escribas hay, sería hai.
§  Diferenza: é do verbo ser , e  conxunción para unir palabras.
§  Non escribas grabar, en galego é gravar.
§  Non escribas barrer, en galego sería varrer.
§  Non escribas pra, sería para. Hai diferenzas entre a fala e a escrita.
§  Non digas til ou tilde, di acento.


luns, 11 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


O próximo domingo celébrase na nosa terra o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Cada 17 maio os galegos honramos a nosa lingua e a nosa literatura.



Pero saberíades dicirme por que as Letras Galegas se celebran precisamente nesta data? E desde cando as celebramos? 
Facede as vosas pescudas e poñédeas nos comentarios.


En BIBLIOGALDO (preme  ou accede ao blogue desde a columna da dereita) tedes unha presentación interactiva cun montón de recursos para aprender cousiñas sobre o Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado este ano 2020, RICARDO CARVALHO CALERO









Tamén podedes atopar un xogo de fuga. Buscade esta imaxe e comezade a xogar.


Aprendede moito sobre esta data tan especial para os galegos!! 
E ESTADE ATENTOS porque nos próximos días explicareivos a actividade que a clase de 3º vai facer sobre as Letras Galegas, convertirémonos en pequenos reporteiros!!

domingo, 10 de maio de 2020

XOGANDO COA CIENCIA


Na videoconferencia do venres moitos me dixestes que vos gustaría que houbera máis experimentos científicos. 
Pois a partir de agora no blogue da nosa biblioteca hai unha pestana chamada XOGANDO COA CIENCIA, onde cada semana se irán colgando experimentos para que fagades na casa. 
Se premedes na imaxe accededes de forma directa e xa podedes ver o primeiro experimento que se propón: inflar un globo dunha maneira diferente.


Se vos apetece gravade un vídeo facendo o experimento e enviádeo ao enderezo electrónico bibliogaldo@gmail.com.


venres, 8 de maio de 2020

REALIDADE AUMENTADA

Imos divertirnos un pouco!!

Realidade Aumentada (R.A.) é un tipo de tecnoloxía que permite combinar unha imaxe real cunha imaxe virtual a través dunha pantalla (teléfono móbil, ordenador, tablet...). Deuse a coñecer mundialmente a través do xogo Pokemon GO.

Apetécevos probar?

PASOS A SEGUIR:
1. Pide a un adulto un teléfono móbil ou ao mellor pode valer a vosa tablet.
OLLO! Hai algúns móbiles que non son compatibles.

2. Busca en Google Chrome o nome dun animal ("tigre", "lobo", "oso", "oso panda", "cabra", "gato", "pingüino", "tiburón", "erizo", "caballo", "pato", "pulpo", "águila", "perro", "tortuga"...).

3. Elixe a opción "Ver en 3D".

4. Preme en "Ver en tu espacio".

5. Apunta co móbil cara abaixo e móveo en círculos.

6. Axusta ao teu gusto o seu tamaño.

7. Sácalle unha foto.


Deste xeito poderedes atopar na vosa casa un enorme tigre ou un pequeno pingüín. Tamén podedes sacar unha foto con eles, como se estiveran ao voso carón.




Se sodes capaces enviádeme a vosa foto ao meu correo electrónico e ireinas colgando no blogue para que as vexan os vosos compañeiros.





mércores, 6 de maio de 2020

REPARTIMOS


Alá polo mes de marzo, cando tivemos que deixar o cole para quedarnos na casa e protexernos do Coronavirus, estabamos aprendendo a facer as divisións. Lembrades??

Cando dividimos estamos repartindo. Se premedes nas imaxes tedes uns xogos para practicar!! 







E agora ollade este vídeo que preparou a mestra Inés. A ver se sodes capaces de resolver o reparto que vos propón. Podedes poñer as vosas respostas nos comentarios.







luns, 4 de maio de 2020

A VIDEOCONFERENCIA


Levamos moitos días sen vernos e imos intentalo mediante unha videochamada. 


Como imos participar nunha videochamada grupal na que participará moita xente, tedes que ler atentamente a seguinte información. Son normas de funcionamento que hai que ter claras para que a videochamada sexa un éxito. 
Volvede a lela tantas veces como sexa preciso!!


Que temos que saber?
  • Temos que respectar o turno de palabra. Se isto é moi importante en calquer conversa, nunha videochamada moito máis. Se dúas persoas falan a un tempo, o audio non funciona ben e é imposible escoitar algo. 
  • Levantade a man e a titora, que actuará como moderadora, irá dando o turno de palabra. 
  • Debemos estar nun lugar libre de ruidos e onde non haxa outras persoas (evitar música de fondo, ventás abertas, estar preto do lavavaixelas funcionando...) 
  • A iluminación tamén é importante para que se nos vexa ben. O fondo, canto menos recargado mellor, se podes escoller unha parede de fondo en lugar dunha estantería, moito mellor. 
  • Recorda que a túa imaxe importa. Acude á cita aseado e ben vestido. Haberá moita xente véndote. Igual que te arreglas para ir ao cole terás que facelo para unha videoconferencia. 
  • Sé puntual. Conéctate uns minutos antes por se tes dificultades ter tempo a resolvelas. Sé tes algún problema para conectarte, envíame un correo electrónico. 



Que imos facer? Como se vai estructurar? 

Imos comezar falando de un en un de aquilo que nos apeteza compartir co resto de compañeiros/as. Como nos sentimos? Que cousa nos gusta facer durante o confinamento? 

Despois falaremos do traballo que estamos facendo no blogue: as dificultades que atopamos, que debemos mellorar, que actividades vos gustaría que aparecesen no blogue...


E por último, intentaremos facer uns xogos. Para que podamos levalos a cabo sen dificultade explicaranse as normas ao comezo, se alguén ten dúbidas levantará a man e resolveranse. 

Unha vez comecemos a xogar só contestará aquela persoa á que se lle de o turno de palabra. Recordade que somos moitos e temos que respectarnos.

Que ides necesitar? 
Lápis, goma e papel onde anotar. 


Apetécevos facer esta videochamada?  Que é o que máis vos apetece?  Algunha suxerencia ou idea? Escribide as vosas opinións nos comentarios. 

Próximamente recibiredes por Abalar a data e hora da reunión, así coma os datos de acceso.  Nos vos esquezades de ver o videotitorial de acceso para estar preparados chegado o momento.