venres, 19 de xuño de 2020

PECHADO POR VACACIÓNS!!

Parece que chegaron as vacacións de verán! Unha data moi especial pero que este ano está a ser algo "rara", pois non hai bicos nin apertas, nin sequera esas ganas tolas de irse de vacacións. Parece que máis ca nunca apetece voltar ao cole. Pero tranquilos, vós gozade moito do verán que xa veredes que nun abrir e pechar de ollos chega setembro e a volta ás aulas. 

Gracias nenos e nenas polo voso traballo! Estou moi orgullosa de todos polo voso esforzo durante este confinamento. E grazas familias por aceptar de bo agrado e participar activamente en todas e cada unha das propostas que levamos a cabo neste tempo. Foi un pracer facer escola con vós.

E dito isto, FELIZ VERÁN!


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!!



Chega o verán! É momento de pasalo xenial! Ir á praia, xogar moito, estar coa familia... E tamén é un momento estupendo para LER, LER MOITO!!
Aquí tedes as recomendacións lectoras que todos os anos fai Galdiño desde Bibliogaldo para o verán!!  

Fixádevos! Como sabe que vos gusta o escritor Jordi Sierra i Fabra (autor de "El Club de los raros") propúxovos outro dos seus libros para ler. Está xenial! Eu xa o teño! E ten máis desa colección!



TRÍPTICO VERÁN 3º E 4º.

FESTIVAL FIN DE CURSO

Hoxe é o día da despedida dun curso atípico. Hoxe estaríamos no Teatro Pastor Díaz facendo o noso Festival de Fin de Curso. Por iso hoxe vamos celebrar o noso festival de maneira virtual!!
Queredes disfrutar da vosa actuación? E queredes ver as actuacións das demais clases?

Pois clicade na imaxe e accederedes ao blogue de EDUFISGALDO onde están todas as actuacións!!


luns, 15 de xuño de 2020

XOGAMOS NA VIDEOCONFERENCIA??

OLA NEN@S! Hoxe luns temos a última videoconferencia do curso. Xa me tarda moito vervos!!
Lembrade cales son as normas que temos que cumprir:

  • Respectar a quenda de palabra.
  • Levantar a man para falar.
  • Procurar estar nun lugar  con pouco ruído.

Ao principio da videoconferencia falaremos todos un pouquiño para contar o que nos apeteza. E estaremos todos os mestr@s para  despedirnos de vós!!

E DESPOIS... XOGAREMOS UN KAHOOT!





Como imos facer?

Pois teredes que coller outro dispositivo (un móbil ou unha tablet) e buscar en google  kahoot.it (OLLO! Tamén hai kahoot.com, pero vós tedes que acceder en kahoot.it). 

Na videoconferencia vou compartir a pantalla do meu ordenador  para que a podades ver. Primeiro aparecerá un código que todos tedes que usar para poder xogar. Tamén tedes que poñer o voso nome!!

Unha vez que aparezan os nomes de todos na pantalla comezaremos a xogar... Son 16 preguntas! E cada pregunta ten catro respostas!
Tedes que ler as preguntas na pantalla da videoconferencia e despois marcar no voso móbil a resposta. Canto máis rápido marquedes a vosa resposta, máis puntos conseguiredes!! Así que estades moi atentos para non equivocarvos, algunhas respostas teñen trampa!!

Tranquilos, xa sei que é un pouco lío, pero non vos preocupedes,  volvereino a explicar antes de comezar! 
Xa queda pouquiño para vernos!!

xoves, 11 de xuño de 2020

GALDIÑO, CUMPRIMOS A NOSA MISIÓN!!

Durante este curso os nenos e nenas de 3º e 4º  tivemos unha misión. Galdiño pideunos investigar sobre os CORAIS e saber por que están en perigo.
E a verdade que o fixemos xenial e aprendimos moitísimas cousas sobre estes animaliños tan curiosos. Ollade esta presentación!! 

martes, 9 de xuño de 2020

luns, 8 de xuño de 2020

FESTIVAL VIRTUAL DE FIN DE CURSO

Todos os anos rematamos o curso escolar cun gran festival de fin de curso e este ano non iamos ser menos. O festival non poderá ser no Teatro Pastor Díaz, pero faremos un gran FESTIVAL VIRTUAL!!

Con cada clase elaboraremos uns vídeos moi bonitos cunha canción que quedarán para o recordo. Vamos, como  fixemos os mestres e todo o persoal do cole coa canción RESISTIRÉ, lembrades? Así que é importante que participedes todos!!

A clase de 3º imos facer a canción de Amaral que foi a banda sonora do noso proxecto "Soñando Mares Transparentes" e que se titula "MARES IGUAL QUE TÚ". Escoitádea!



QUE TEDES QUE FACER VÓS?  
Pois teredes que gravar tres vídeos.
1. Un vídeo cantando o estribillo da canción.
2. Un vídeo cantando unha estrofa da canción (ao final desta entrada xa vos indico que estrofa cantará cada un).
3. E un vídeo bailando, tocando instrumentos, saltando... disfrazados ou vestidos como queirades.

Elixide o escenario e o atrezzo para o voso vídeo que máis vos guste, pero se pode ser no exterior e preto do mar moito mellor!!

Os vídeos non teñen que ser de toda a canción, serán tres vídeos máis curtos. Tedes que gravar en horizontal!! E cando gravedes poñede a canción de Amaral de fondo para seguir ben o ritmo.

Cando os teñades listos enviade os vosos vídeos ao meu correo electrónico laurapl2912@gmail.com ou morri@edu.xunta.es. O prazo para entregalos será ata o próximo luns 15 de xuño.
Se tedes dúbidas de como facer os vosos vídeos podedes chamarme por teléfono. E se tedes problemas para envialos porque pesan moito, podedes utilizar a ferramenta WETRANSFER. 

Aquí vos deixo a letra da canción para que a aprendades. E fixádevos que estrofa ten que cantar cada un!!


Mares Igual Que Tú                             Amaral

Hay mares de bruma      (DIEGO ÁLVAREZ, MANUEL, MARTA, DIEGO                               
Mares de luz                                                                         ALEMPARTE ,UXÍA)
Mares que me inundan
Son igual que tú
Mares de peligro                 (JESÚS, YANIRA, CECILIA, LAURA, CAYETANA)
Que nos hacen sentir vivos
Mares locos, mares puros, mares cálidos

Igual que tú, igual que tú
Mares igual que tú
Igual que tú, igual que tú
Mares igual que tú
Igual que van y vienen las mareas
Y las olas van comiéndose la arena
Todos los mares de la Tierra
Son igual que tú
Igual que tú, igual que tú, mares igual que tú

Hay distintos mares            (AINHOA F, LUCAS, LUIS, BRUNO, AINHOA L.)
Son el mismo en realidad
Desde las Malvinas hasta Gibraltar
Mares tan profundos como tu mirada
Mares en calma (Mares en calma)

Igual que tú, igual que tú  (TOD@S)
Mares igual que tú
Igual que tú, igual que tú
Mares igual que tú
Igual que van y vienen las mareas
Y las olas van comiéndose la arena
Todos los mares de la Tierra
Son igual que tú 
Igual que un río voy a tus caderas
Y me pierdo en la corriente que nos lleva
Todos los mares de la tierra
Son igual que tú

Tus manos, delfines saltando en mi espalda                (AMANDA, VALERIA, LOIS, 
 Tu pelo, las ondas que dejó mi barca                                                   DANIELA, IVÁN)
En islas desiertas, perdidas en los mapas
Misterios de mares y océanos, tú guardas
Igual que tú, igual que tú, igual que tú, igual que tú

Igual que van y vienen las mareas
Y las olas van comiéndose la arena
Igual que un río, voy a tus caderas
Y me pierdo en la corriente que nos lleva
Porque todos los mares de la Tierra
Todos los mares de la Tierra
Son igual que tú, uh-uh
Mares igual que tú
Mares igual que tú

1º PROGRAMA "COMO CHO CONTO!"

Xa temos listo o noso primeiro programa do COMO CHO CONTO!
Como sigades así vádesvos converter nuns grandes xornalistas!
Queredes escoitarvos??
Pois premede na imaxe para acceder ao blogue da mestra Ermi onde tedes o vídeo.
 

domingo, 7 de xuño de 2020

PARABÉNS LUCAS, UXÍA E LOIS!!!


MES DE XUÑO, mes no que remata o cole  e estamos con moitas ansias pola chegada do verán!!
Pois neste mes, tres compañeir@s nosos cumpren anos.

LUCAS estivo de aniversario o 2 de xuño (perdoa Lucas por non felicitarte antes, pero xa se sabe “máis vale tarde ca nunca”, hehe)

UXÍA está hoxe de aniversario, 7 de xuño!!

E mañá é o día de LOIS, 8 de xuño!!

MEUS NEN@S... MOITOS PARABÉNS!! Tárdame moito vervos a tod@s e estar xuntos!! 
MOITOS BICOS






luns, 1 de xuño de 2020

SIGNOS DE PUNTUACIÓN


Para que as nosas mensaxes teñan sentido e sexan ben interpretadas polo lector, debemos empregar correctamente os signos de puntuación. 
Ollade este vídeo onde se vos explica que son!!



Como vedes un dos máis importantes é o punto. Lembrade!! 

Agora que xa recordamos cando se utiliza tedes unha MISIÓN.
No seguinte xogo tedes que axudar aos piratas a chegar á cova do tesouro descifrando as indicacións e colocando os puntos onde sexa necesario. Clicade na imaxe e comezade a vosa misión!!



https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1294742851/contido/sd02/sd02_oa01_01/index.html

*Para superar a misión, debedes enviar unha foto da proba final completada.

ECO-RETOS


Cada 5 de xuño celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE,  co obxectivo de  concienciar á poboación mundial cos temas ambientais.


No colexio xa levamos moito camiño percorrido e xa pensamos e actuamos tendo en conta o coidado e respecto cara o medio ambiente, porque é o noso fogar e porque del obtemos todo o necesario para vivir (osíxeno, auga, alimentos, materias primas...).


Para que nos axudedes no seu coidado, propoñémosvos os seguintes 5 eco-retos. 
Anímaste a facelos? 
*Podedes enviar ao correo electrónico as vosas fotos poñendo en práctica os 5 eco-retos (unha foto por cada eco-reto). Xa sabedes que vos van ver os vosos compañeir@s no blogue, así que poñédevos guapos para as fotos!!

SOÑANDO MARES TRANSPARENTES


Ao longo deste curso traballamos no proxecto “SOÑANDO MARES TRANSPARENTES”. 
Para rematalo e con motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día Mundial dos Océanos (8 de xuño), en BIBLIOGALDO propónsevos unha actividade final para todo o colexio. 

Queredes saber cal é? Premede enriba da imaxe.