xoves, 30 de abril de 2020

CAZAPALABRAS 2

Recordades a actividade que fixemos fai pouco cazando palabras nas revistas, xornais ou folletos publicitarios??

Pois imos volver a facela!! Pero esta vez non tedes que buscar substantivos, adxectivos ou verbos.

ATENTOS!!
Collede un folio, facede tres columnas e escribide PALABRAS AGUDAS na primeira, PALABRAS GRAVES na segunda e PALABRAS ESDRÚXULAS na terceira. Agora collede as revistas, xornais ou folletos e buscade entre as súas páxinas palabras. Recortádeas e rodeade en cada unha delas a sílaba tónica (a que se pronuncia con máis forza dentro da palabra). Por último, pegádea na columna correspondente.

LEMBRADE!
As PALABRAS AGUDAS teñen a sílaba tónica na última sílaba.
As PALABRAS GRAVES teñen a sílaba tónica no penúltimo lugar.
E as PALABRAS ESDRÚXULAS teñen a sílaba tónica no antepenúltimo lugar.




A continuación tedes uns xogos online para practicar. Premede na imaxe!


martes, 28 de abril de 2020

FOTOSÍNTESE

Acordádesvos que cando estudiamos os corais aprendimos que viven en augas pouco profundas para  realizar a fotosíntese? Estabamos todos estrañados porque os corais son animais, non plantas! Pero claro, quen realiza a fotosíntese non son estes peculiares animaliños, senón que son as microalgas chamadas Zooxantelas que viven no interior dos seus tecidos.


A FOTOSÍNTESE é o proceso mediante o cal as plantas fabrican o seu propio alimento (función da NUTRICIÓN) . No seguinte vídeo tedes información, escoitade!! 




Agora que xa tedes información, collede o voso caderno de Ciencias Naturais (se non o tedes na casa, collede un folio) e realizade as seguintes actividades.

OLLO! O vídeo está en castelán, pero debedes realizar os vosos traballos en lingua galega. Se non sabedes como se di unha palabra, buscade no dicionario da RAG (Real Academia Galega); tedes o enlace na columna da dereita.



  • Que necesitan as plantas para fabricar o seu propio alimento?
  • Que é a clorofila?
  • Cando se leva a cabo a fotosíntese e  por que?
  • Explica coas túas palabras o proceso da fotosíntese para elaborar o zume bruto e o zume elaborado.
  • Realiza un debuxo que acompañe a túa explicación.
  • Por que é tan importante a fotosíntese para todos os seres vivos?
  • As plantas respiran e fan a fotosíntese. Que diferenzas hai entre estes dous procesos?



Para entender a última cuestión, botade unha ollada a este experimento que realizaron os nenos e nenas de 5º o curso pasado. Fan un experimento para explicar que fan as plantas cando respiran e o que fan cando realizan a fotosíntese. ESCOITADE!!


domingo, 26 de abril de 2020

EDUFISGALDO!!

ATENCIÓN NENOS E NENAS!! 
TEMOS NOVO BLOGUE DE EDUCACIÓN FÍSICA!!
  
A mestra Rebe non quería deixar de estar en contacto con vós!!

Botádelle  unha ollada!! Mañá teredes unha sorpresa!!


Clicade na imaxe e accederedes ao seu blogue de Educación Física. Tamén tedes o enlace na columna da dereita, no apartado "Blogues de interese".


PARABÉNS MANU!!

Hoxe domingo 26 de abril é o aniversario de Manu.
MOITOS PARABÉNS PARA TI!!!

Escoita a canción de Uxía Lambona e a Banda Molona!!!! MOLAAAAAA!!





RECORDADE POÑER OS VOSOS PARABÉNS NOS COMENTARIOS.

venres, 24 de abril de 2020

HOVERCRAFT

O noso compañeiro Bruno fixo un vídeo, coa axuda do seu irmán, realizando unha manualidade. UN HOVERCRAFT!!
Estade atentos ao vídeo e despois fareivos unhas preguntiñas.



Sabedes o que é un HOVERCRAFT? Buscade como se di en galego.
Que características teñen estes aparellos? Para que se utilizan?

Podedes facer un pequeno texto en galego acompañado dun debuxo explicando o que é e as súas características. E por suposto, se tedes os materiais podedes facer a manualidade!!


A continuación tedes os traballos que xa fixeron algúns compañeiros.Ollade!








LOIS

DIEGO

JESÚS

AINHOA F




xoves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Hoxe, día 23 de abril, é o Día Internacional do Libro. 
Por que se escollería esta data para a súa celebración? Que terá de especial o 23 de abril?
** Investigade como fixestes ontes e poñede as vosas pescudas nos comentarios.


Agora imos escoitar á mestra Ermi, quere darvos unha mensaxe ;)




Unha reflexión moi acertada profe! 
E vós? Aprendedes algo nas vosa viaxes polo mundo da lectura? 
**Podedes poñer as vosas reflexións nos comentarios.

mércores, 22 de abril de 2020

MEDÍMONOS!!!

Despois do reto matemático do papel hixiénico a mestra Inés preparou un vídeo xenial para explicar as medidas de LONXITUDE. Gozade véndoo, seguro que vos aclara algúns conceptos clave.





  • Agora facede a actividade proposta no vídeo na vosa casa e poñédeo por escrito nun folio ou caderno. Podedes medir a todas as persoas que viven con vós e saber que diferencia de altura hai entre todos.

  • Eu (Laura) mido 167 cm, é dicir, 1,67 m. Que diferencia de altura teño con vós?



  • Xa sabedes que 1 m son 100 centímetros (cm), pero saberíades dicirme cantos decímetros (dm) e milímetros (mm) ten un metro? Poñédeo nos comentarios.

22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA

Non fai moito elaborastes uns textos explicando o respiro que lle estamos dando á Terra durante este confinamento e como se sinte.
Pois hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Internacional da Nai Terra.
Pero sabedes quen instaurou esta data para a súa celebración e por que? E desde cando se celebra?
++Investigade e poñede as vosas pescudas nos comentarios.  

Agora ollade o vídeo que hai no blog da BIBLIOGALDO! Nel móstrase unha carta que o planeta Terra escribe para nós explicándonos o momento especial que estamos a vivir.E despois do vídeo tedes unha proposta de traballo.
OLLADE! OLLADE! É UN VÍDEO MARABILLOSO!!ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!
CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO BLOGUE 


Para facer a carta podedes entrar no blog da mestra Ermi onde se vos explica moi ben como facer. Clica e verás!






luns, 20 de abril de 2020

SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS


Xa o aprendimos no primeiro trimestre, así que vamos a recordalo!!

Os SINÓNIMOS son palabras diferentes que teñen o mesmo significado. Úsanse para non repetir a mesma palabra varias veces. Por exemplo: colexio-escola, encerro-confinamento.


Os ANTÓNIMOS son palabras diferentes que significan o contrario. Ás veces fórmanse cos prefixos des-, i-, in-, im- e anti-. Por exemplo: lento-rápido, liberdade-cautividade, legal-ilegal.

A continuación tedes uns xogos online para repasar estes conceptos.

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/ANAYA%20DIGITAL/CUARTO/Lengua/vocabulario_p34_nn/
Sinónimos I
https://www.mundoprimaria.com/quedate-casa/stpv-le-3-03?rnd=0.5804050335478884
Sinónimos II
https://www.mundoprimaria.com/quedate-casa/stpv-le-3-04?rnd=0.9332802515176973
Antónimos I
https://www.mundoprimaria.com/quedate-casa/stpv-le-6-05
Antónimos II
Agora que xa repasastes, escribide nos comentarios un exemplo de cada  un.

ESCOITA UN CONTO


Outra proposta de Bibliogaldo!!

Vamos escoitar un conto! A mestra Inés coa axuda do seu fillo Antón realizaron este vídeo sobre o conto titulado “Cinco minutiños máis”.







**Por certo, podedes ver este vídeo e outros moitos que se fan no colexio na nosa canle de Youtube. Podedes acceder a ela no enlace que tedes na columna da dereita.

E agora que xa escoitaches o conto, propoñemos as seguintes cuestións. Para contestalas podedes realizar un vídeo, un audio ou elaborar un texto.

·        Que foi o que máis che gustou?
·        Cantas actividades distintas saen facendo os raposos?
·        Cales son as palabras que aparecen escritas?
·        Ti tamén lles pides ao teu pai ou á túa nai “cinco minutiños máis”?
·        Cal é a actividade que máis che gusta facer cun maior da túa familia?
·        Elixe 5  das palabras que aparecen escritas no vídeo e fai unha oración con cada unha delas.



Podedes enviar o voso traballo (vídeo, audio ou texto) ao meu correo electrónico ou ao enderezo da biblioteca: bibliogaldo16@gmail.com


venres, 17 de abril de 2020

#RETOPORTADA DE LIBROS

Xa levamos moitos días na casa e comezan a xurdir moitas iniciativas en Internet.
Dende Bibliogaldo, o blogue da biblioteca do colexio (podedes acceder ao mesmo na columna da dereita, no apartado blogues de interese), propóñennos o seguinte reto:

RECREAR AS PORTADAS DOS LIBROS QUE MÁIS NOS GUSTEN E SACAR UNHA FOTO.

Vós teredes que ser os protagonistas (animal ou persoa) deses contos buscando a vestimenta máis parecida posible.

Despois, debedes de enviar a foto da portada do libro e a vosa imitación ao correo electrónico e iremos engadindo as vosas fotos no seguinte libro dixital. 

Botade unha ollada!! Algunhas mestras e algúns nen@s do cole xa fixeron as súas portadas. 

  


Publish at Calameo






Algúns compañeir@s xa enviaron as súas portadas. Aquí as tedes!!













 










O NOSO HORARIO


Levando tantos días na casa é importante ter unha organización. Igual que cando vamos ao cole temos un horario, na casa tamén é necesario. Pero supoño que isto non é nada novo para vós, pois xa levamos un mes na casa e o voso horario seguro que xa o tedes moi claro.
 
Gustaríame que elaborasedes o voso horario e xunto a cada cousa que facedes (levantarse, almorzar,  tarefas do cole, xantar...) escribades a hora en formato dixital (17:30, 13:00...)


*Un día ten 24 horas. En cambio, os reloxos analóxicos só marcan 12 números. É por iso que ao pasar das 12 horas (mediodía), nos reloxos dixitais seguimos contando as horas cara adiante: 13, 14, 15...  

Non esquezades tampouco que antes dos dous puntos escribimos a hora (:) e despois os minutos. 








Clica na seguinte imaxe e teredes uns xogos para practicar as horas nos reloxos analóxicos e dixitais.
XOGOS HORAS





AMANDA


LOIS

DANIELA



BRUNO

DIEGO ÁLVAREZ


JESÚS



AINHOA F.


AINHOA L.


LUIS

DIEGO ALEMPARTE