luns, 13 de abril de 2020

ESTAMOS DE VOLTA!!

Ola nenas e nenos!! Despois duns días de vacacións xa estamos de volta con moitas ganas de aprender.  

Este confinamento estase facendo moi longo, pero RESISTIREMOOOOOOS!! 



A Amanda encantoulle o vídeo feito polos profes e persoal do cole de Galdo e enviounos un vídeo tocando a súa gaita como agradecemento. Aquí o tedes!!



Cecilia enviounos un vídeo bailando coa súa irmá Sara a canción do Coronavirus. A ver si vos gusta!





Se queredes podedes envíar os vosos vídeos co que queirades para colgar no blog (algunha actividade que vos guste facer, lectura dun libro...) .

MOITO ÁNIMO!! RESISTIREMOS!!


Por certo, fixádevos que hai unha nova pestana, debaixo da cabeceira, titulada LIBROS DIXITAIS. Aquí irei poñendo os vosos traballos. Cada libro inclúe unha actividade. 

Tamén recibín un audio de Ainhoa F., falando do respiro que lle estamos dando ao planeta, e outro de Amanda, explicando a importancia da Vitamina D. Eses audios podédelos atopar nas entradas do blogue correspondentes.






4 comentarios:

  1. Ainhoa Lamelas:
    Amanda gustame moito o teu video de da gaita.
    Hola profres tamen me gustó moito o voso video .
    Moitos bicos😘😘😘😘😘😘😘😘😘😘

    ResponderEliminar
  2. Amanda son Luis meu pai tocaba a gaita e ao ver o vídeo encantoulle como a tocabas.

    ResponderEliminar
  3. Ceci tu vídeo no mola mola mogollón bailas muy bien y Sara a ti te digo lo mismo que Ceci
    Ainhoa Lamelas 👍👍👍👍👍👍👍👍👍👍👍

    ResponderEliminar
  4. Hola son Laura e encantarome todos os videos.Pero sobre todo o dos profes👏👏😷👪👪🏠🏠

    ResponderEliminar