mércores, 15 de abril de 2020

ACIDIFICAMOS? Experimenta!!

RECORDAMOS!!
A ACIDIFICACIÓN DOS OCÉANOS é un dos maiores problemas que ameaza a supervivencia dos corais.


Gran parte do dióxido de carbono (CO2) emitido na atmosfera é xerado polas actividades humanas. Este gas é eliminado en parte polas plantas, mediante o proceso de fotosíntese, e gran parte polos océanos que o absorben para mitigar o exceso de calor e evitar así unha brusca elevación da temperatura do planeta.
Pero esta absorción ten consecuencias non desexadas, porque diminúe o PH da auga do mar, convertendo as augas en máis ácidas. E canta máis cantidade de CO2 haxa na atmosfera, máis cantidade absorberán as augas do mar.

Esta acidificación dos océanos afecta ao crecemento e reprodución de organismos mariños como os corais, porque a acidez diminúe o carbonato cálcico da auga, que é indispensable para a formación dos esqueletos e cunchas.
A continuación podedes ver un vídeo envíado pola mestra Inés. Realiza un experimenteo para comprobar como afecta a acidificación da auga do mar nos organismos mariños. Por que non probades a facer vós o experimento na casa?Podedes gravar ou fotografar a vosa experiencia!


                                                  

Blogue GALDONATURA (podedes acceder desde o enlace que hai na columna da dereita, no apartado blogues de interese) .



Despois de realizar o experimento e/ou ver o vídeo gustaríame que reflexionárades sobre o que podemos facer nós para mellorar esta situación. Que actividades humanas producen máis CO2? Que accións podemos levar a cabo no noso día a día para evitar tanta contaminación?
Podedes deixar as vosas reflexións nos comentarios!Ou elaborade un pequeno texto con todas as ideas que se vos pasen pola cabeciña!




Bruno xa elaborou un vídeo sobre o experimento que fixo. Como non tiña unha cuncha usou un ovo!!





Lucas preparou un vídeo estupendo coa axuda da súa familia. 



Cecilia tamén fixo un vídeo realizando o experimento.




Outros compañeiros tamén fixeron o experimento e enviaron as fotografías que fixeron para capturar o momento.

LOIS




AINHOA L.


10 comentarios:

  1. As actividades humanas que máis producen CO2 son agricultura, ganadería, produción de enerxía, transporte e industria. As accións que podemos levar a cabo día a día para mellorar a situación son non utilizar coches cando podemos ir andando a un lugar e coches que non contaminen, facendo fàbricas que reutilicen as cousas, plantando moiiiitas àrbores e gastando pouca auga.

    ResponderEliminar
  2. Ola son Manu,la principal actividad humana causante de la producción de dióxido de carbono es la combustión de combustibles fósiles, como el petróleo,gas natural y carbón,podemos evitar o dióxido de carbono plantando moitos árboles,practicar una movilidad sostenible,consumir una energía renovable y dejar el coche privado

    ResponderEliminar
  3. Boa información Manu!! Procura escribir en galego que sei que podes!!

    ResponderEliminar
  4. Hola son Ainhoa Fernandez Rivas e unhas actividades humanas que producen moito CO2 é a queima de combustibles
    fósiles (carbon, petroleo...), algunha industria e a deforestación.
    O que podemos facer para non producir tanto CO2 é usar transporte público, desconectar os aparatos electónicos
    cando no os utilices, e tamén utilizar equipos solares na casa.

    ResponderEliminar
  5. Hola soy Ainhoa Lamelas justo me moito este experimento espero que vosotros también disfrutéis con esto a ver si nos vemos a ver si nos vemos pronto quiero algún de estos días podemos convertirnos en grandes grandes científicos👩‍🔬

    ResponderEliminar
  6. No mundo, o 40% do CO2 prodúcese ó xenerar enerxía e na producción de calor,o 20% prodúcese no transporte,de mercancías e de
    persoas. Outro 20% xenerao as industrias,sobre todo o crear materiais de construcción como o cemento.A agricultura e ganadería xeneran un 14%,o transformar as zonas de bosque en terras de cultivo.Por último nos nosos fogares día a día sae
    un 6% a hora de cociñar e quentar as nosas casas.

    As accións que podemos levar a cabo día a día son por exemplo: reutilizando ou reciclando,utilizar menos o coche,aforrar electricidade,plantar árbores,aforrar auga,disminuir o uso da calefacción,cociñar poñendo a tapa á pota,utilizar as escaleiras sempre que sexa posible,poñer bombillas de baixo consumo....
    Tamén axudaría moito si a enerxía procedera de fontes renovables como a fotovoltaica ou mini eólica.

    Diego Álvarez.

    ResponderEliminar
  7. No mundo a contaminaciòn esta xenerado principalmente pola acción do se humano q contaminamos a Átmosfera a realizaar unha serie de accións na nosa vida.(xeneramos basura a mènudo non reciclando, o uso en exceso do coche,e nos fogares o uso de electricidade).
    Todo esto poderiase evitar en certo modo con unha serie de aptitudes no ser humano como Reciclar ,disminuir o uso dos coches utilizando outros medios de transporte como a bicicleta e etc.e nos fogares intentar utilizar dentro do posible enerxia xenerada por placas solares.Etamen intentar talar menos àrboles e plantas màis .

    ResponderEliminar
  8. Ainhoa Lamelas Dovale:
    La principal actividade humano cautivos de la combustión de dióxido de carbono (CO2)es la gas natural e carbón, que representa sobre mente 80% de misiones feito pola home .As persoas debemos evitar tanta contaminación como?Asi
    1.User transportes públicos
    2.Qeriamar pneumaticos ni lixo e fogerias
    3.Non dentón fuegos artificiais
    4.Non fumar non queimar incesto.
    5.Fai un uso eficientes da energía: gasolina,luz o gas.
    6.Desenchufar os aparellos eléctricos non estés en uso .
    7.correclas fugas de gas .
    8.Use o equipo solar na casa.
    🏠🏠😷😷

    ResponderEliminar