Levamos moitos días sen
vernos e imos intentalo mediante unha videochamada.
Como imos participar nunha videochamada grupal na que participará moita xente, tedes que ler atentamente a seguinte información. Son normas de funcionamento que hai que ter claras para que a videochamada sexa un éxito.
Volvede a lela
tantas veces como sexa preciso!!
Que temos que saber?
- Temos que respectar o turno de palabra. Se isto é moi importante en calquer conversa, nunha videochamada moito máis. Se dúas persoas falan a un tempo, o audio non funciona ben e é imposible escoitar algo.
- Levantade a man e a titora, que actuará como moderadora, irá dando o turno de palabra.
- Debemos estar nun lugar libre de ruidos e onde non haxa outras persoas (evitar música de fondo, ventás abertas, estar preto do lavavaixelas funcionando...)
- A iluminación tamén é importante para que se nos vexa ben. O fondo, canto menos recargado mellor, se podes escoller unha parede de fondo en lugar dunha estantería, moito mellor.
- Recorda que a túa imaxe importa. Acude á cita aseado e ben vestido. Haberá moita xente véndote. Igual que te arreglas para ir ao cole terás que facelo para unha videoconferencia.
- Sé puntual. Conéctate uns minutos antes por se tes dificultades ter tempo a resolvelas. Sé tes algún problema para conectarte, envíame un correo electrónico.
Que imos facer? Como se vai estructurar?
Imos comezar falando de un en un de aquilo
que nos apeteza compartir co resto de compañeiros/as. Como nos sentimos?
Que cousa nos gusta facer durante o confinamento?
Despois falaremos do traballo que estamos facendo no blogue: as dificultades que atopamos, que debemos mellorar, que actividades vos gustaría que aparecesen no blogue...
Despois falaremos do traballo que estamos facendo no blogue: as dificultades que atopamos, que debemos mellorar, que actividades vos gustaría que aparecesen no blogue...
E por último, intentaremos facer uns xogos. Para que podamos levalos a cabo
sen dificultade explicaranse as normas ao comezo, se alguén ten dúbidas
levantará a man e resolveranse.
Unha vez comecemos a xogar só contestará aquela persoa á que se lle de o turno de palabra. Recordade que somos moitos e temos que respectarnos.
Unha vez comecemos a xogar só contestará aquela persoa á que se lle de o turno de palabra. Recordade que somos moitos e temos que respectarnos.
Que ides necesitar?
Lápis, goma e papel onde anotar.
Apetécevos
facer esta videochamada? Que é o
que máis vos apetece? Algunha
suxerencia ou idea? Escribide as vosas opinións nos comentarios.
Ola eu quero vervos a todos incluído a ti profe.
ResponderEliminarLuís
Son Lois, eu quero ver a todos vosoutros e a profe tamen.
ResponderEliminarHola son Ainhoa Fernandez Rivas.
ResponderEliminarE teño moitisimas ganas de vervos a todos e incluido aos profes un bico enorme adeús.