COMO
CHO CONTO! será o título do noso
programa.

Antes
de comezar… botádelle unha ollada aos vídeos do programa NON DIGAS…DIGOCHO EU! da
TVG. Explican a normativa galega de forma moi clariña e concisa. Aquí tedes uns exemplos, pero podedes
atopar moitos videos máis en youtube.
Gústavos? A que o explican moi ben!!
Pois nós imos facer un programa así explicando os erros máis habituais que cometemos cando falamos e cando escribimos en galego.
PASOS A SEGUIR!!
Ao final desta
entrada tedes un listado de palabras que dicimos e escribimos de forma incorrecta. Escollede unha
das opcións e escribide a elixida nos comentarios para non coincidir cos
compañeir@s. Así que antes de decidirte... fíxate en cales están pilladas!!
Cando teñades a palabra, hai que documentarse. Como se escribe en galego? Que diferenza hai co castelán? Hai diferenza entre a fala e a escrita?

Enviade o voso audio ao meu enderezo electrónico e ao da mestra Ermi ermiclase@gmail.com. Ao final faremos un vídeo unificando as vosas mensaxes de audio coa palabra escrita.
CAL ELIXIDES?
§ Non digas abuelo, di avó.
§ Para saúdar, non escribas hola, sería ola!. En
galego os signos de interrogación e admiración só se poñen ao final da oración.
§ Non digas noraboa, di parabéns.
§ Non digas cumpreanos, di aniversario.
§Non escribas voto de menos, sería boto de menos. Votar
ten outro significado a botar.
§ Non digas bos días, en galego é bo día.
§ Non digas Navidad nin navideño, di Nadal.
§ Non digas “basoira”, di lixo. Vasoira escríbese con v e
ten outro significado.
§ Non digas periódico, di xornal.
§ Non digas pranta, di planta.
§ Non digas nin escribas unhos, sería uns. Un, unha,
uns, unhas.
§ Non digas primaveira, di primavera.
§ Non digas oscuro, di escuro.
§ Non escribas hay, sería hai.
§ Diferenza: é do verbo ser , e conxunción
para unir palabras.
§ Non escribas grabar, en galego é gravar.
§ Non escribas barrer, en galego sería varrer.
§ Non escribas pra, sería para. Hai diferenzas entre
a fala e a escrita.
§ Non digas til ou tilde,
di acento.
Non digas bos días, en galego é bo día.
ResponderEliminarLuis
Non digas noraboa, di parabéns
ResponderEliminarAinhoa Fernández Rivas
Non digas til ou tilde, di acento.
ResponderEliminarAmanda.
Non digas abuelo,di avó.
ResponderEliminarDiego Alem
Non digas Navidad nin navideño,di Nadal
ResponderEliminarAinhoa Lamelas
Non digas Navidad nin navideño,di Nadal
ResponderEliminarAinhoa Lamelas
Son Manu
ResponderEliminarNon digas oscuro di escuro
Non digas cumpreanos, di aniversario.
ResponderEliminarDaniela Sánchez Cociña
Non digas periódico di xornal
ResponderEliminarEncáaantame esta claseee!!!!! Parabéns,moito traballades,vai quedar xenial o programa!!!
ResponderEliminarNon digas primaveira di primavera, de Lois.
ResponderEliminarNon digas hola
ResponderEliminarNon digas "basoira", di lixo.
ResponderEliminarDiego Álvarez
Non digas nin escribas unhos sería uns.
ResponderEliminarUn,unha,uns,unhas