Xa fixestes o xogo de fuga sobre as Letras Galegas 2020?? Está xenial! É moi entretido!! Aprendín moitas cousiñas
sobre o escritor homenaxeado este ano Ricardo Carvalho Calero.
Nun xogo de fuga tedes que conseguir un código
para poder resolvelo. Lembrades o xogo que fixemos o ano pasado no colexio?
Entre todos tivemos que conseguir abrir un cofre. Nel había unha chave que
abría a porta do ximnasio onde estaba atrapado Antón Fraguas (o profe Luís
estaba disfrazado, hehe).
Pois este ano o xogo de fuga é virtual. A ver se o
conseguides!!
Enviádeme o código ao meu correo electrónico. O código está relacionado cunha data na vida do escritor, saberíades dicir cal é? Contádemo tamén no correo.
O codigo e: 25031990.A fecha creo que e 1990
ResponderEliminarola! o codico es 234
ResponderEliminarIvan