luns, 11 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS 2020


O próximo domingo celébrase na nosa terra o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Cada 17 maio os galegos honramos a nosa lingua e a nosa literatura.



Pero saberíades dicirme por que as Letras Galegas se celebran precisamente nesta data? E desde cando as celebramos? 
Facede as vosas pescudas e poñédeas nos comentarios.


En BIBLIOGALDO (preme  ou accede ao blogue desde a columna da dereita) tedes unha presentación interactiva cun montón de recursos para aprender cousiñas sobre o Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado este ano 2020, RICARDO CARVALHO CALERO









Tamén podedes atopar un xogo de fuga. Buscade esta imaxe e comezade a xogar.


Aprendede moito sobre esta data tan especial para os galegos!! 
E ESTADE ATENTOS porque nos próximos días explicareivos a actividade que a clase de 3º vai facer sobre as Letras Galegas, convertirémonos en pequenos reporteiros!!

15 comentarios:

  1. Escolleuse para hoenaxear a poblacion do primeiro exemplar da obra Cantares Galegos de Rosalía de Castro en 1863.



    Instauraronse en 1863.

    ResponderEliminar
  2. Hola son Daniela, celebrase desde 1963.

    ResponderEliminar
  3. Celebrase desde 1963
    Luís

    ResponderEliminar
  4. celebrase desde 1963.celebrase pra homenaxear a publicacion do primer exemplar da obra cantare4s gallegos Rosalia de Casrtro en 1863

    ResponderEliminar
  5. Hola, son Diego Álvarez. O Día Das Letras Galegas celébrase desde o 1963,esta data foi instituida pola Real Academia Galega para homenaxear aquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria en idioma galego ou pola súa defensa en dita lingua.
    A data de celebración deste evento,o 17 de Maio,débese a que tal día coma ese,en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Gallegos",de Rosalía de Castro.

    ResponderEliminar
  6. Hola son manu
    As letras galegas celebranse dende 1963 cada 17 de maio.
    O día non e casual coincide coa primeira publicación da obra Rosalía "cantares galegos" un día coma hoxe, pero de 1863

    ResponderEliminar
  7. BO TRABALLO! AS VOSAS PESCUDAS SON CORRECTAS!!

    ResponderEliminar
  8. O DÍA DAS LETRAS GALEGAS e unha celebración instituida en 1963 por a Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen por a sua creación literaria no idioma galego o por a sua defensa.
    Cada ano dedícase a unha persoa diferente, escollida pola Real Academia Galega.
    A data de celebración deste evento é o 17 de Maio e débese a que en tal día coma ese, no 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra "Cantares Galegos" de Rosalía de Castro.
    E un día festivo en Galicia.
    Amanda.

    ResponderEliminar
  9. Ainhoa Fernanadez13 de maio de 2020, 12:08

    O Dias Das Letras Galegas se ven celebrando dende 1963 para conmemorar a publicación do libro "Cantares Gallegos" de Rosalia D e Castro.
    Este dia onde cada ano se celebra o Dia Das Letras Galegas é instituido pola Real Academia Galega

    ResponderEliminar
  10. Ola son Lucas
    O dia das letras galegas celébrase cada 17 de maio para homenaxear a escritores que aportaron a literatura galega.
    Escolleuse esta data porque foi cando se publicou o primeiro exemplar de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro-
    Celébrase dende o 1963.

    ResponderEliminar
  11. O día das letras galegas celébrase dende 1963 o 17 de Maio,día en que se publicou “Cantares gallegos” de Rosalía De Castro en 1863.

    ResponderEliminar
  12. Ola son laura
    celebranse o 17 de maio. Comezaron a celebrarse en 1963 con motivo de coincidir esa mesma data coa publicación en Vigo do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos de Rosalia de Castro

    ResponderEliminar
  13. Ainhoa Lamelas:
    A fecha de celebración de este evento, o 17 de maio, de ese a que en tal día como ese, en 1963,publicouse en Vigo o Primeiro exemplar da obra"Cantares galegos"de Rosalía de Castro, que marcaría o "Rexurdimento",o renacimiento cultural d galego.E festivo en Galicia.

    ResponderEliminar