martes, 31 de marzo de 2020

VITAMINA D

Estes días nas noticias estase a falar moito da importancia da Vitamina D para o noso corpo.
Para estar sans e fortes, o noso corpo necesita nutrientes que normalmente adquirimos dos alimentos grazas ao aparello dixestivo. As proteínas, os hidratos de carbono, as graxas, as vitaminas e os sales minerais son nutrientes que o noso corpo necesita diariamente para funcionar.

No caso da Vitamina D, hai moitos alimentos que a conteñen, sabedes que comidas podemos facer para ter a vitamina no noso corpo?
Pero tamén a podemos conseguir doutra maneira, que agora mesmo non nos é posible porque estamos metidos na casa. Sabedes de que forma a podemos conseguir? E se non temos vitamina D, que lle ocorre ao noso corpo? Que síntomas temos?

Buscade a información e elaborade un pequeno texto sobre a explicación da importancia da vitamina D no noso corpo, do que podemos facer para conseguila e o que lle ocorre ao corpo se temos unha deficiencia da mesma.


**Sede curiosos, vaivos ler moita xente e teñen que entender a letra. Sempre podedes acompañar o texto cun debuxo para que quede máis vistoso ;) 
Pedide axuda aos vosos pais para que o revisen con vós fixándovos en non cometer erros ortográficos.

Amanda enviounos un audio para explicar a importancia da Vitamnina D. Escoitádea!!

7 comentarios:


  1. A vitamina D obtense principalmente a través de dous procesos: a través da nosa pel, debido á exposición ao sol (concretamente aos raios UV); e a través de alimentos que o conteñen, como produtos animais, especialmente peixes graxos (arenque, salmón, atún), aceite de fígado de peixe, ovos, leite integral e produtos lácteos.
    O noso corpo necesita vitamina D, para o crecemento e mineralización dos ósos, xa que é o responsable de modular o paso do calcio aos ósos, tamén regula os niveis de calcio e fósforo no corpo, polo que xoga un papel importante en o mantemento de órganos e contribúe á formación do esqueleto Ademáis, ten efectos inmunes, xa que fortalece o sistema inmune axudando a previr infeccións.

    ResponderEliminar
  2. A VITAMINA D

    A viatamina D e un nutriente presente en certos alimentos que é necesario para a saude e para manter os ósos fortes. Xunto co calcio, a vitamina D axuda a protexer os adultos maiores contra a osteoporose. A vitamina D atópase nas celulas de todo o corpo.
    Os sintomas de falta de vitamina D son: fatiga e cansancio, depresión, debilidad muscular, insomnio, necesidade de comer dulces, caries, etc.
    A principal fonte da vitamina D é o Sol e unha dieta na que esteñan presentes alimentos como son os peixes grasos ( arenque, salmón, cabala,etc) tamén está presente na xema dos ovos,a carne e os alimentos fortificados.

    Amanda.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. A vitamina D é moi importante para estar sanos e fortes, por iso necesitamos comer alimentos de todo tipo como son por un lado os pescados grasos como: o salmón,o atún e a caballa.
    Tamén o fígado de vaca, o queixo e a xema de ovo. Os hongos aportan vitamina D en menor cantidade.
    Se lle falta vitamina D ao noso corpo pasalle o seguinte: atópase cansado,deprimido e triste...Tamén temos falta de sono,ganas de azucre e caries.

    ResponderEliminar