Tranquilos,
non vos vou propoñer outro reto matemático co papel de cociña. Xa sei que o
reto do papel hixiénico costouvos un pouco!
Esta vez dou unha idea dunha actividade que podedes
facer cando estedes aburridos durante estes días na casa. E como sei que vos
gustan as manualidades!!
Só necesitades papel de cociña e rotuladores e podedes facer moitos debuxos como este. Poñede a voar a vosa imaxinación!! A ver que vos sae!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario