venres, 19 de xuño de 2020

PECHADO POR VACACIÓNS!!

Parece que chegaron as vacacións de verán! Unha data moi especial pero que este ano está a ser algo "rara", pois non hai bicos nin apertas, nin sequera esas ganas tolas de irse de vacacións. Parece que máis ca nunca apetece voltar ao cole. Pero tranquilos, vós gozade moito do verán que xa veredes que nun abrir e pechar de ollos chega setembro e a volta ás aulas. 

Gracias nenos e nenas polo voso traballo! Estou moi orgullosa de todos polo voso esforzo durante este confinamento. E grazas familias por aceptar de bo agrado e participar activamente en todas e cada unha das propostas que levamos a cabo neste tempo. Foi un pracer facer escola con vós.

E dito isto, FELIZ VERÁN!


Ningún comentario:

Publicar un comentario