luns, 15 de xuño de 2020

XOGAMOS NA VIDEOCONFERENCIA??

OLA NEN@S! Hoxe luns temos a última videoconferencia do curso. Xa me tarda moito vervos!!
Lembrade cales son as normas que temos que cumprir:

  • Respectar a quenda de palabra.
  • Levantar a man para falar.
  • Procurar estar nun lugar  con pouco ruído.

Ao principio da videoconferencia falaremos todos un pouquiño para contar o que nos apeteza. E estaremos todos os mestr@s para  despedirnos de vós!!

E DESPOIS... XOGAREMOS UN KAHOOT!





Como imos facer?

Pois teredes que coller outro dispositivo (un móbil ou unha tablet) e buscar en google  kahoot.it (OLLO! Tamén hai kahoot.com, pero vós tedes que acceder en kahoot.it). 

Na videoconferencia vou compartir a pantalla do meu ordenador  para que a podades ver. Primeiro aparecerá un código que todos tedes que usar para poder xogar. Tamén tedes que poñer o voso nome!!

Unha vez que aparezan os nomes de todos na pantalla comezaremos a xogar... Son 16 preguntas! E cada pregunta ten catro respostas!
Tedes que ler as preguntas na pantalla da videoconferencia e despois marcar no voso móbil a resposta. Canto máis rápido marquedes a vosa resposta, máis puntos conseguiredes!! Así que estades moi atentos para non equivocarvos, algunhas respostas teñen trampa!!

Tranquilos, xa sei que é un pouco lío, pero non vos preocupedes,  volvereino a explicar antes de comezar! 
Xa queda pouquiño para vernos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario