luns, 1 de xuño de 2020

ECO-RETOS


Cada 5 de xuño celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE,  co obxectivo de  concienciar á poboación mundial cos temas ambientais.


No colexio xa levamos moito camiño percorrido e xa pensamos e actuamos tendo en conta o coidado e respecto cara o medio ambiente, porque é o noso fogar e porque del obtemos todo o necesario para vivir (osíxeno, auga, alimentos, materias primas...).


Para que nos axudedes no seu coidado, propoñémosvos os seguintes 5 eco-retos. 
Anímaste a facelos? 
*Podedes enviar ao correo electrónico as vosas fotos poñendo en práctica os 5 eco-retos (unha foto por cada eco-reto). Xa sabedes que vos van ver os vosos compañeir@s no blogue, así que poñédevos guapos para as fotos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario