Parece
que chegaron as vacacións de verán! Unha data moi especial pero que este ano
está a ser algo "rara", pois non hai bicos nin apertas, nin sequera
esas ganas tolas de irse de vacacións. Parece que máis ca nunca apetece voltar
ao cole. Pero tranquilos, vós gozade moito do verán que xa veredes que nun
abrir e pechar de ollos chega setembro e a volta ás aulas.
Gracias
nenos e nenas polo voso traballo! Estou moi orgullosa de todos polo voso
esforzo durante este confinamento. E grazas familias por aceptar de bo
agrado e participar activamente en todas e cada unha das propostas que levamos
a cabo neste tempo. Foi un pracer facer escola con vós.
Chega o verán! É momento de pasalo xenial! Ir á praia, xogar moito, estar coa familia... E tamén é un momento estupendo para LER, LER MOITO!!
Aquí tedes as recomendacións lectoras que todos os anos fai Galdiño desde Bibliogaldo para o verán!!
Fixádevos! Como sabe que vos gusta o escritor Jordi Sierra i Fabra (autor de "El Club de los raros") propúxovos outro dos seus libros para ler. Está xenial! Eu xa o teño! E ten máis desa colección!
Hoxe é o día da despedida dun curso atípico. Hoxe estaríamos no Teatro Pastor Díaz facendo o noso Festival de Fin de Curso. Por iso hoxe vamos celebrar o noso festival de maneira virtual!!
Queredes disfrutar da vosa actuación? E queredes ver as actuacións das demais clases?
Pois clicade na imaxe e accederedes ao blogue de EDUFISGALDO onde están todas as actuacións!!
OLA NEN@S! Hoxe luns temos a última videoconferencia
do curso. Xa me tarda moito vervos!!
Lembrade cales son as normas que temos que
cumprir:
Respectar a quenda de palabra.
Levantar a man para falar.
Procurar estar nun lugar con pouco ruído.
Ao principio da videoconferencia falaremos
todos un pouquiño para contar o que nos apeteza. E estaremos todos os mestr@s
para despedirnos de vós!!
E DESPOIS... XOGAREMOS UN KAHOOT!
Como imos facer?
Pois teredes que
coller outro dispositivo (un móbil ou unha tablet) e buscar en google kahoot.it(OLLO! Tamén hai
kahoot.com, pero vós tedes que acceder en kahoot.it).
Na videoconferencia vou compartir a pantalla do meu ordenador para que a podades ver. Primeiro aparecerá un código que todos tedes que usar para poder xogar. Tamén tedes que poñer o voso nome!!
Unha vez que aparezan os nomes de todos na pantalla comezaremos a xogar... Son 16 preguntas! E cada pregunta ten catro respostas!
Tedes que ler as preguntas na pantalla da videoconferencia e despois marcar no voso móbil a resposta. Canto máis rápido marquedes a vosa resposta, máis puntos conseguiredes!! Así que estades moi atentos para non equivocarvos, algunhas respostas teñen trampa!!
Tranquilos, xa sei que é un pouco lío, pero non vos preocupedes, volvereino a explicar antes de comezar!
Todos os anos rematamos o curso escolar cun
gran festival de fin de curso e este ano non iamos ser menos. O festival non
poderá ser no Teatro Pastor Díaz, pero faremos un gran FESTIVAL VIRTUAL!!
Con cada clase elaboraremos uns vídeos moi
bonitos cunha canción que quedarán para o recordo. Vamos, como fixemos os
mestres e todo o persoal do cole coa canción RESISTIRÉ, lembrades? Así que é
importante que participedes todos!!
A clase de 3º imos facer a canción de Amaral que
foi a banda sonora do noso proxecto "Soñando Mares Transparentes" e
que se titula "MARES IGUAL QUE TÚ". Escoitádea!
QUE TEDES QUE FACER VÓS?
Pois teredes que gravar tres vídeos.
1. Un vídeo cantando o estribillo da canción.
2. Un vídeo cantando unha estrofa da canción (ao final desta entrada xa vos indico que estrofa cantará cada un).
3. E un vídeo bailando, tocando instrumentos, saltando... disfrazados ou vestidos como queirades.
Elixide o escenario e o atrezzo para o voso vídeo que máis vos guste, pero se pode ser no exterior e preto do mar moito mellor!!
Os vídeos non teñen que ser de toda a canción, serán tres vídeos máis curtos. Tedes que gravar en horizontal!! E cando gravedes poñede a canción de Amaral de fondo para seguir ben o ritmo. Cando os teñades listos enviade os vosos vídeos ao meu correo electrónico laurapl2912@gmail.com ou morri@edu.xunta.es. O prazo para entregalos será ata o próximo luns 15 de xuño. Se tedes dúbidas de como facer os vosos vídeos podedes chamarme por teléfono. E se tedes problemas para envialos porque pesan moito, podedes utilizar a ferramenta WETRANSFER. Aquí vos deixo a letra da canción para que a aprendades. E fixádevos que estrofa ten que cantar cada un!!
Hay mares de bruma (DIEGO ÁLVAREZ, MANUEL, MARTA, DIEGO
Mares de luz ALEMPARTE
,UXÍA)
Mares que me inundan
Son igual que tú
Mares de peligro (JESÚS, YANIRA, CECILIA, LAURA, CAYETANA)
Que nos hacen sentir vivos
Mares locos, mares puros, mares cálidos
Igual que tú, igual que tú
Mares igual que tú
Igual que tú, igual que tú
Mares igual que tú
Igual que van y vienen las mareas
Y las olas van comiéndose la arena
Todos los mares de la Tierra
Son igual que tú
Igual que tú, igual que tú, mares igual que tú
Hay distintos mares (AINHOA F, LUCAS, LUIS, BRUNO, AINHOA
L.)
Son el mismo en realidad
Desde las Malvinas hasta Gibraltar
Mares tan profundos como tu mirada
Mares en calma (Mares en calma)
Igual que tú, igual que tú (TOD@S) Mares igual que tú
Igual que tú, igual que tú
Mares igual que tú
Igual que van y vienen las mareas
Y las olas van comiéndose la arena
Todos los mares de la Tierra
Son igual que tú
Igual que un río voy a tus caderas
Y me pierdo en la corriente que nos lleva
Todos los mares de la tierra
Son igual que tú
Tus manos, delfines saltando en mi
espalda (AMANDA, VALERIA, LOIS,
Tu pelo,
las ondas que dejó mi barca DANIELA,
IVÁN)
En islas desiertas, perdidas en los mapas
Misterios de mares y océanos, tú guardas
Igual que tú, igual que tú, igual que tú, igual que tú
Igual que van y vienen las mareas
Y las olas van comiéndose la arena
Igual que un río, voy a tus caderas
Y me pierdo en la corriente que nos lleva
Porque todos los mares de la Tierra
Todos los mares de la Tierra
Son igual que tú, uh-uh
Para que as
nosas mensaxes teñan sentido e sexan ben interpretadas polo lector, debemos
empregar correctamente os signos de puntuación.
Ollade este vídeo onde se vos explica que son!!
Como vedes un dos máis importantes é o punto. Lembrade!!
Agora que xa recordamos cando se utiliza tedes unha MISIÓN.
No seguinte xogo tedes que axudar aos piratas a chegar á cova do tesouro descifrando as indicacións e colocando os puntos onde sexa necesario. Clicade na imaxe e comezade a vosa misión!!
*Para superar a misión, debedes enviar unha foto da proba final completada.
Cada 5 de xuño celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO
AMBIENTE, co obxectivo de concienciar á poboación mundial cos temas
ambientais.
No
colexio xa levamos moito camiño percorrido e xa pensamos e actuamos tendo en
conta o coidado e respecto cara o medio ambiente, porque é o noso fogar e
porque del obtemos todo o necesario para vivir (osíxeno, auga, alimentos,
materias primas...).
Para que
nos axudedes no seu coidado, propoñémosvos os seguintes 5 eco-retos.
Anímaste a
facelos?
*Podedes enviar ao correo electrónico as vosas fotos poñendo en práctica os 5 eco-retos (unha foto por cada eco-reto). Xa sabedes que vos van ver os vosos compañeir@s no blogue, así que poñédevos guapos para as fotos!!
Ao longo deste curso
traballamos no proxecto “SOÑANDO MARES TRANSPARENTES”.
Para rematalo e con
motivo da celebración do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día
Mundial dos Océanos (8 de xuño), en BIBLIOGALDO propónsevos unha actividade final
para todo o colexio. Queredes saber cal é? Premede enriba da imaxe.
Para os máis científicos... NOVO EXPERIMENTO EN BIBLIOGALDO!!
QUEN SE ANIMA?? CARREIRA DE GLOBOS!!
Se entrades en Bibliogaldo podedes aprender quen era ISAAC NEWTON e que relación garda co experimento desta semana!! Se o averiguades poñede as vosas conclusións nos comentarios.
SORPRESAA!! Vaia vídeo máis chulo verdade? Durante este curso moitos de vós baixastes ao invernadoiro a plantar e a aprender moitas cousas. Xa sabemos
que as plantas fabrican o seu propio alimento mediante o proceso da
Fotosíntese. Pero vamos a seguir aprendendo máis cousiñas sobre elas.
Ollade estos
vídeos e despois contestade ás preguntas que vos propoño.
Agora collede
o voso caderno de Ciencias Naturais ou un folio e contestade ásseguintes preguntas.
OLLO!!!! Tedes
que facer os vosos traballos en lingua galega, aínda que os vídeos están en
castelán.
·Realiza un debuxo dunha
planta sinalando cada unha das súas partes.
·Explica que función ten
cada parte da planta.
·Debuxa unha folla e sinala
as súas partes.
·Hai moitos tipos de follas. Como poden ser as
follas segundo a forma e o bordo? Podedes debuxalas!
·Busca e escribe plantas
que teñan o talo leñoso e outras que teñan o talo herbáceo.
·Na nosa dieta temos
alimentos vexetais como as leitugas, as patacas, os espárragos ou as cenorias. Investiga
que parte da planta son e se podes pon máis exemplos. Enviade os vosos traballos ao correo electrónico para preparar un libro dixital con todos!!
De todas as opcións… Cales son divisións exactas (non sobra
nada)? E cales son divisións enteiras (sobra algún elemento)? Lembra que hai algunhas que non son divisións porque os repartos non son iguais!!
Podedes poñer os vosos resultados nos comentarios.
E AGORA ANIMÁDESVOS A DEBUXAR OU FOTOGRAFAR AS VOSAS
DIVISIÓNS? Agardo os vosos correos electrónicos e irei poñendo nesta entrada o
que reciba!!
En BIBLIOGALDO hai novos xogos!! Que sabemos que vos gustan moito!! Xa sodes uns expertos sobre a vida e a obra do escritor das Letras Galegas 2020, Ricardo Carvalho. No blogue da biblioteca tedes dous xogos máis, un de piratas, para seguir aprendendo. Premede na imaxe e a xogar!!
Como? Aínda non te enteraches? Hai novo experimento científico no recuncho Xogando coa ciencia de Bibliogaldo!! Esta semana o experimento consiste en crear un arco da vella. E tamén hai outro no que temos que pescar un cubiño de xeo cun fío. Clica na imaxe e mira os vídeos!!
A semana pasada os compañeiros Bruno e Jesús enviaron os seus vídeos facendo os experimentos. A ver si vos gustan!!
Aquí tedes unha actividade da mestra Carmen!! Encantoume!! No seu blogue SUPER ESCOLA MÚSICA ten moitas actividades para tod@s. Lembrade que podedes acceder desde a columna da dereita.
Chegou o momento de poñer en práctica os vosos coñecementos rítmicos!
Para iso, buscade ou pintade catro folios (un vermello, un amarelo, un verde e un azul) e colocádeos nesa orde (de esquerda a dereita) enriba dunha mesa, e diante deles colocade o ordenador, o móbil ou a tablet na que vas ver o vídeo.
A continuación, deberás imitar os patróns rítmicos que se fan no mesmo no tempo que queda libre e seguindo o ritmo da melodía e o código de cores.
Mira este exemplo!
Podedes gravar un vídeo facéndoo e envialo por correo electrónico.
A música é un medio de expresión e comunicación que se empregou ao longo da historia para expresar sentimentos, emocións, estados de ánimo e ideas.
Todas as culturas, países e/ou rexións, dende as primeiras civilizacións ata as máis actuais, crearon e crean música cunhas características propias que a identifican e a diferencia das demais. Grazas á lingua, ao ritmo, á melodía e aos instrumentos empregados poderiamos distinguir unha canción africana dunha chinesa.
Agora é o momento de profundizar na nosa música, na música galega. Para iso, mira esta presentación!
Demostra que eres un experto en música galega con este xogo! Debes enviar o código por correo electrónico.