martes, 28 de abril de 2020

FOTOSÍNTESE

Acordádesvos que cando estudiamos os corais aprendimos que viven en augas pouco profundas para  realizar a fotosíntese? Estabamos todos estrañados porque os corais son animais, non plantas! Pero claro, quen realiza a fotosíntese non son estes peculiares animaliños, senón que son as microalgas chamadas Zooxantelas que viven no interior dos seus tecidos.


A FOTOSÍNTESE é o proceso mediante o cal as plantas fabrican o seu propio alimento (función da NUTRICIÓN) . No seguinte vídeo tedes información, escoitade!! 




Agora que xa tedes información, collede o voso caderno de Ciencias Naturais (se non o tedes na casa, collede un folio) e realizade as seguintes actividades.

OLLO! O vídeo está en castelán, pero debedes realizar os vosos traballos en lingua galega. Se non sabedes como se di unha palabra, buscade no dicionario da RAG (Real Academia Galega); tedes o enlace na columna da dereita.



  • Que necesitan as plantas para fabricar o seu propio alimento?
  • Que é a clorofila?
  • Cando se leva a cabo a fotosíntese e  por que?
  • Explica coas túas palabras o proceso da fotosíntese para elaborar o zume bruto e o zume elaborado.
  • Realiza un debuxo que acompañe a túa explicación.
  • Por que é tan importante a fotosíntese para todos os seres vivos?
  • As plantas respiran e fan a fotosíntese. Que diferenzas hai entre estes dous procesos?



Para entender a última cuestión, botade unha ollada a este experimento que realizaron os nenos e nenas de 5º o curso pasado. Fan un experimento para explicar que fan as plantas cando respiran e o que fan cando realizan a fotosíntese. ESCOITADE!!


2 comentarios:

  1. Comoo me gusta que utilicedes recursos de BIBLIOGALDO, para iso estamos, para proporcionar recursos para documentarvos e así poder facer o voso traballo.
    A seguir así 3º que estades a traballar moitísimo....
    APERTAS.
    GALDIÑO

    ResponderEliminar