Nestes días nubrados imos facer que saia o sol. Para iso propóñovos que realicedes un sol numérico e me mandedes unha foto para compartilo si queredes. Sede orixinais, buscade as operacións máis creativas e poñédevos a proba. A presentación tamén pode ser creativa...
Pero antes de realizar o sol necesitades saber cal é o número proposto verdade? Pois ... primeiro tedes que descifrar as seguintes pistas. Adiante!
Ten centenas. A cifra das decenas é maior que 2 e menor que 6. A cifra das unidades é 4. Se sumamos a cifra das unidades e das decenas suman 7. É un número mayor de 99 e menor que 200.
Pon a cabeciña a traballar. Non é fácil pero concéntrate e cando teñas o número... A polo sol máis ORIXINAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario