luns, 16 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA

A semana pasada estábamos a celebrar a Semana da Prensa no colexio e os nenos e nenas de 3º aprendimos un montón de cousas novas, verdade?  Como que a palabra prensa é unha palabra polisémica e colectiva, ao referirse ao conxunto de xornais e revistas. 




E que dende hai uns meses hai un novo xornal que se publica integramente en galego, sabedes cal é? Fixádevos na foto!






A próxima semana íamos ter a visita dunha nai dun compañeiro que traballa como xornalista en La Voz de Galicia en Viveiro. Entre todos tiñamos pensado facer unha rolda de prensa e preparamos un montón de preguntas para facerlle. Mágoa que de momento non vai poder ser e teremos que esperar ata regresar ao cole. Yoli, á volta agardamos a túa visita!!

Un deses días que investigamos sobre a prensa, levamos varios xornais á aula e investigamos as seccións que conteñen e que tipo de noticias que aparecen en cada unha. E con moita tristeza comprobamos que moitas das novas publicadas son moi negativas, sobre todo as referidas ao COVID-19 (coronavirus).

Por iso, propóñovos que durante estas semanas que ides pasar na casa inventedes algúns titulares de noticias positivas, de cousas alegres e divertidas que pasaron no cole durante o curso. 

Recordade que os titulares son textos curtos que nos dan a principal información da noticia.

Agora premede abaixo en comentarios e escribide os vosos titulares para que os vexan os vosos compañeiros e compañeiras e alegrarlles o día con boas novas a todas as persoas que entren no blogue.

Comezo eu, parécevos??

17 comentarios:

  1. O ALUMNADO DO COLEXIO DE GALDO "SOÑA MARES TRANSPARENTES" E QUERE COMBATIR A CONTAMINACIÓN MARÍTIMA.

    LAURA

    ResponderEliminar
  2. Disfrutei moito cando fixemos os disfraces de entroido

    Gustoume moito o desfile do entero da sardiña

    ResponderEliminar
  3. Nenos e nenas do colexio de Galdo celebraron o tradicional enterro da sardiña

    ResponderEliminar
  4. Nenos e nenas do Colexio de Galdo recollen restos orgánicos e lévanos ó conposteiro.
    Diego Álvarez

    ResponderEliminar
  5. Na escola de Galdo coa axuda de nais,país,avós...fixeron un obradoiro de nadal.
    Luis

    ResponderEliminar
  6. Nenos e nenas do colexio de Galdo, participan nun maravilloso desfile de Entroiro polas ruas de Viveiro.

    Amanda

    ResponderEliminar
  7. Nenos e nenas do Colexio de Galdo, participan nun maravilloso desfile de Entroiro polas ruas de Viveiro

    Amanda

    ResponderEliminar
  8. Ainhoa Lamelas. Os nenos e nenas do colegio d Falso disfrutamos moito indo o invernadoiro coa profesora Inés.

    ResponderEliminar
  9. Os nenos e nenas do colexio de Galdo disfrutamos moito indo o invernadoiro coa profesora Inés. Ainhoa Lamelas

    ResponderEliminar
  10. O colexio de Galdo recuperou a tradición do Enterro da Sardiña (de Lois Moreiro)

    ResponderEliminar
  11. Os alumnos de terceiro do CEIP Santa Rita de Galdo, desfrutaron moitofacendo o cartel dos corais.

    Ainhoa Fernandez.

    ResponderEliminar