mércores, 25 de marzo de 2020

CORAIS

Canto aprendimos este ano sobre os corais !!!!!
Sabemos que os corais son animais, que non son plantas, aínda que hai moita xente que o pensa. E sabemos que... ESPERADE!! Vouvos poñer a proba para comprobar o que recordades de todo o que aprendimos.

A continuación, déixovos unhas preguntiñas. Se olvidastes algúns datos, podédelos buscar outra vez. Na parte dereita do blogue tedes o enlace para poder acceder á Wikipedia. 
Se queredes podedes poñer as vosas respostas nos comentarios!!

1. Que tipo de animais son os corais? (recorda que no caderno de ciencias temos a clasificación).
2. Como se chama a parte viva do coral? 
3. De que se alimentan os corais?
4. Como cazan as súas presas?
5. Que dous tipos de reprodución poden ter?
6. Os corais son de moitas cores porque dentro dos seus tecidos viven unhas algas microscópicas. Que nome reciben estas algas?
7. En que tipo de augas viven a gran maioría dos corais?
8. Cantas especies coñecidas hai de corais?
9. Os corais forman arrecifes. Por que son tan importantes?
10. Cal é o arrecife máis grande do mundo?
11. De que están formados os arrecifes?
12. Os arrecifes de coral son grandes ecosistemas onde viven moitos animais, podes nomear algún?
13. Os arrecifes están en perigo debido ao cambio climático. Que lles ocorre aos corais se cambia a temperatura da auga do mar?
14. Tamén a ACIDIFICACIÓN dos océanos inflúe para a desaparición dos corais. En que consiste a acidificación?

Primeiro, anotade toda a información nunha folla. E cando xa teñades todos os datos, sería interesante que fixérades un texto con todo o que sabedes. Podedes tamén facer un debuxo que acompañe o texto. 
Esta actividade pódevos levar varios días. Tomádeo con calma, non teñades présa por rematar. O importante é que o texto que escribades sexa claro para que as persoas que o lean o poidan entender.
Cando xa o teñades listo podedes envialo ao meu correo electrónico e así colgareino no blogue para que o vexan os vosos compañeir@s.

*Lembra facer oracións con sentido, cada idea nunha oración. E non esquezas de poñer os puntos e as maiúsculas.


3 comentarios:

  1. Os Corais son animais marinos e invertebrados. Teñen unha parte viva que chamase pólipo. Alimentanse de pequenos peixes ,placton,caballo de mar... Cazan cos seus tentáculos con células urticantes. Suas reproducios son sexsuauis
    ou omosexsuxuais. Teñen unhas algas microscópicas , chamanse zooxantelas. A maioria viven nas augas quentes. Hai mais de 4000 especies. Os arrecifes son importantes porque forman un ecosistema. O arrecife maís grande e la gran barrera de coral (Australia.) Os arrecifes están formados por os corais, os mortos debaixo dos vivos.
    Hai mitos arrecifes, Hawái,lofoten e maldivas. Se cambia a temperatura morren. A acidificación e a disminución do ph dos mares por culpa da contaminación.

    ResponderEliminar
  2. Moi ben Luís! Hai algúns falliños pero está ben. ACórdate de escribila no caderno ou nun folio. Bo traballo!

    ResponderEliminar