venres, 20 de marzo de 2020

CLARA E O EUCALIPTO DE CHAVÍN

Supoño que coñecedes este libro, verdade?


Nas clases de lingua galega, coa mestra Ermi, estamos léndoo e aprendendo moito con todo o que lle acontece a Clara. Podedes escoitar no seguinte enlace a lectura do capítulo 16 que gravou Ermi.

 https://www.ivoox.com/49101695





Nun dos capítulos, a autora Marica Campo fai referencia ao Avó, eucalipto de Chavín, recordades?

Pois para que vaiades traballando nas vosas casas e para que non vos esquezades de Clara en ningún momento, collede o voso caderno ou un folio e traballade co seguinte texto.

Se queredes tamén podedes deixar algún comentario máis abaixo contestando ás cuestións que se vos propoñen. Ou podedes enviarme un correo electrónico cos vosos traballos.


O AVÓ. EUCALIPTOS DE CHAVÍN

Existen uns eucaliptos inmensos no Souto da Retorta, en Chavín, ao lado de Viveiro. O chamado Avó é o máis vello, plantado en 1880. O Avó ten 67 metros de altura e case once metros de perímetro. Din que é o segundo eucalipto máis vello da Península Ibérica, despois dun que hai en Portugal. Tamén din que é a árbore máis alta de Europa.


1. Le con atención o texto.
2. Copia o texto fixándote moito. Copiar é escribir igual que está, fíxate para non cometer faltas de ortografía. Fíxate ben nas “uves” e nos acentos gráficos. Non se poden cometer faltas copiando!
3. No Souto da Retorta,  a que árbore lle chaman O Avó? Por que lle chaman así?
4. Cantos anos hai que plantaron O Avó?
5. Canto mides de altura? Que diferencia de altura hai entre ti e O Avó eucalipto?


Lembra contestar ás preguntas con frases ben feitas. Repasa o escrito e corríxete. Consulta o dicionario en caso de dúbidas.


TAREFA DE DIEGO ÁLVAREZ





4 comentarios:

  1. Son Lois de 3º. Non damos escoitado o audio, pinchamos no link e non vai de ningunha maneira. Grazas por atendernos, Ermi

    ResponderEliminar
  2. Penso que agora xa podes Lois. Volve a inténtalo e xa me dis.

    ResponderEliminar
  3. Son Luis e a min tampouco son capaz de pinchar no link.

    ResponderEliminar
  4. Perdoa puxen e amin en lugar de eu.
    Luis

    ResponderEliminar