luns, 16 de marzo de 2020

ANIMASTE A FACER UN DIARIO?

Vamos a estar moitos días metidos na casa sen poder saír e de seguro que cada un de nós vai pasar o tempo de forma moi distinta aos demais. Por exemplo, non se fan as mesmas cousas se estás nunha casa que se vives nun piso, non credes?

Pois animovos a que fagades un diario persoal onde contedes as actividades e tarefas que facedes cada día. E cando voltemos ao cole podemos compartilo cos nosos compañeiros.
Tamén podedes facer algún comentario abaixo, sempre poñendo o voso nome no título e sempre comentarios positivos.


BENVID@S!!




Ola nenos e nenas de 3º!

Aínda que estes días non podemos ir ao cole, hai moitas cousas que podemos facer na casa. A vosa profe irá colgando neste blogue tarefas que podedes facer e cando voltemos ao cole comentaremos todo o feito.

Xa estou recibindo as vosas mensaxes e estame encantando!! Espero que sigades contándome cousiñas de como o estades a pasar estes días.

A partir de agora tamén podedes facer comentarios no blogue, pero tede en conta que debe levar o voso nome para identificarvos. Ademais podedes mandarme tarefas e mensaxes ao enderezo electrónico que compartín con vós por Abalar.

Estade atentos a todas as novidades!!

FICADE NA CASA!!


O goberno de España tomou a decisión de suspender a escola por mor do coronavirus e permanecer durante un tempo nas nosas casas sen poder saír. Estas medidas que se están tomando son preventivas para tratar de evitar máis contaxios. Así que estade tranquilos, se todos poñemos da nosa parte e seguimos os consellos que nos dan os expertos na materia pronto voltaremos á normalidade. 

Pero rapaces e rapazas, sabedes o que realmente é o coronavirus? Que podemos facer nós, as nenas e os nenos?

Facede clic nos seguintes vídeos para estar ben informados e tomar responsabilidade das nosas accións, como a importancia de lavarse as mans: